Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Arqueoloxía
    Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de Xeografía e Historia (371)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 371
Colexio de San Xerome Reitoría: 164
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
sansilvestregarabal
A invocación a San Silvestre
Manuel López Garabal
1954

Este cadro de gran formato representa a bendición dunha casa pola nai, que acontece o día de San Silvestre, o 31 de decembro, para expulsar os demos, meigas e pecados. Na parte inferior do cadro, vemos a familia, a nai está bendecindo para expulsar pecados como a gula, a luxuria, a avaricia e a envexa, pero tamén o demo que aparece representado en forma de serpe sobre o que vai montada unha meiga e o trasgo. Na parte superior do cadro vemos a San Silvestre que ven a expulsar os malignos, acompañado dun anxo e a Santa Compaña. O autor presenta unha gran preocupación pola luz, e neste cadro en concreto intenta conseguir os matices cromáticos das zonas de sombra, para o que recorre aos azuis e violetas que acabarán por ser característicos das súas obras. Asinado no ángulo inferior esquerdo, datado en 1966, ano no que foi retocado, pero en realidade é de 1954.

1954
adoracionxesus
Adoración do Neno Xesús

Litografía da Adoración dos Reis Magos de Leonardo da Vinci (1482).

afiador
Afiador

Pedra metamórfica marrón de sección cadrada con superficies e ángulos pulidos de contexto galaico-romano procedente do Castro de Senra (Ortigueira, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

alfonsoXII
Afonso XII
Dionisio Fierros Álvarez
1875

Retrato oficial do rei Afonso XII, de pé e en algo máis de tres cuartos. Viste uniforme militar de garda e leva no peito a banda da Real Orde de Carlos III e amosa no pescozo o colar do Toisón de Ouro. A rica coroa sobre unha almofada de veludo insiste na real condición do retratado. O autor xoga cos contrastes de cor que son potenciados pola iluminación. Asinado no ángulo inferior dereito, "Dº. Fierros/1875"

1875
aguia
Aguia antropomorfa

Aplique de bronce con forma de aguia. De contexto cultural romano e procedencia descoñecida, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

aguia
Aguia de bronce

Figura de bronce dunha aguia sobre peana de madeira pintada de negro. De contexto cultural romano e procedencia descoñecida, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

aixola
Aixola de sílex
Megalitismo final, III milenio

Aixola lítica de sílex procedente da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

alhamardegranadaprado
Alhamar, rei de Granada, rende vasalaxe ao rei de Castela, Fernando III o Santo
Pedro González Bolivar
1883

Cuadro de historia, que recorre ao manido tema da Reconquista, neste caso co capítulo no que Alhamar, rei de Granada, vencido, rende vasalaxe a Fernando III o Santo. A escena desenvólvese no campamento militar do propio campo de batalla, como indica a presenza dos soldados que contemplan o acto dende o fondo. Ao mesmo tempo, e de forma máis directa, asisten unha serie de personaxes, que serven ao artista, xunto cos protagonistas, para a recreación historicista do medievo, nesta ocasión, exclusivamente lograda a través das vestimentas, suxeitas a tópicos decimonónicos sobre a Idade Media, como poden ser o uso de determinadas cores, como o branco para a igrexa ou a capa vermella para representar o poder. Concibida cunha excesiva teatralidade, a obra obtivo unha terceira mención na Exposición Nacional de 1884.

1883
Alonso III de Fonseca
Alonso III de Fonseca
Carlos Blanco
1910

Este retrato, que mostra o prelado sedente, segue a tradición iniciada con respecto a este personaxe por parte de Crispín Evelino no século XVII e mantida por Fernández Erosa, entre outros. Concrétao Carlos Blanco en 1910, sendo situado na Sala Reitoral da Universidade.

Localízase hoxe no Paraninfo, ocultando unha placa conmemorativa dos universitarios composteláns falecidos na Guerra Civil que substituíu a outra relativa ao Batallón Literario.

1910
amadeosaboya
Amadeo de Saboya
Autoría desconocida
1801

Amadeo de Saboya retrátase nun formato de busto, ata o peito, nun enmarque ovalado. De factura non excesivamente coidada, sobre todo na representación do rostro, céntrase principalmente nos atributos que manifestan a súa condición de gobernante; así leva roupa militar, condecoracións -a banda e unha medalla- e o inequivoco sinal real do toisón de ouro. Sen asinar.

1801
amon
Amón Ra

Figura de bronce que representa a Amón Ra (XVIII Dinastía). Na peana leva unha placa coa lenda "Ámén-Rá, King of the Gods (XVIIIth Dynasty)". De contexto cultural exipcio, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

amorsacroamorprofanoprado
Amor sacro, amor profano
1902

Copia da obra mitolóxica de Tiziano: "Amor sacro, amor profano", 1514, que se vincula coas teorías neoplatónicas da época. Represéntase a dúas mulleres ante un fondo paisaxístico, sentadas no bordo dunha fonte, mentres Cupido remove as augas; a muller da esquerda vai vestida e leva nas súas mans unha vasixa de ouro e un ramillete de rosas, a da dereita está espida e porta unha lámpada de aceite prendida. O que pretendía Tiziano no seu cadro é unha reflexión sobre a dobre natureza de Venus, a celeste e a terrena; a celeste nacida directamente de Urano, preséntase espida, mentres que a terrestre, froito dos amores entre Zeus e Hera, vai vestida. Represéntase un terceiro tipo de amor: Amor Ferinus, irracional, manifestado no relevo antigo que decora a fonte no que se ve un cabalo desbocado e unha flaxelación.

1902
amuleto
Amuleto do deus Bes

Figura de bronce sobre peana que representa ao deus exipcio Bes. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. 

anel
Anel

Anel de fíos trenzados de contexto cultural ibérico e orixe descoñecida que pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

anel
Anel de ferro

Anel de ferro de procedencia e datación indeterminadas

anel
Anel estriado

Anel de bronce, de forma circular con perforación central, superficie estriada e liñas formando círculos concéntricos. De contexto cultural e procedencia descoñecidos, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

anfora
Ánfora

Pequena ánfora con soporte metálico de procedencia e datación indeterminadas. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

granada
Ánfora de aceite e/ou granada de man
Idade Media

Pequena ánfora de aceite con paredes moi grosas con forma esférico-cónica usada como granada de man durante a época das Cruzadas. Posiblemente de procedencia siria, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

colgante
Aplique de bronce

Aplique de bronce de forma cadrada cun apéndice triangular superior. Presenta decoración con liñas creando unha trama reticulada na parte cadrada. De contexto cultural medieval e procedencia descoñecida, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

ara
Ara votiva
Época romana

Ara votiva, en dúas pezas, dedicada aos Lares Viais, procedente do Pino (A Coruña).

fonsecamoragon
Arcebispo Fonseca
Antonio Moragón Aguado
1973

O autor Moragón fai un retrato dun personaxe histórico baixo unha óptica contemporánea. Aínda que o non se axusta á iconografía habitual do arcebispo, Moragón introduce unha serie de elementos que permite identificalo: vísteo co hábito episcopal de cor púrpura, símbolo de poder, e coa cruz peitoral. Da mesma cor é o tapizado da cadeira na que está sentado Fonseca. Este está representado en actitude de ler, xa que sostén uns papeis nas mans, ademais dos libros que aparecen enriba dunha mesa, na que tamén aparece unha talla da figura do apóstolo Santiago. No fondo vemos a alusión á principal creación que fixo o arcebispo: o Colexio de Fonseca. E, na parte superior, o escudo de cinco estrelas do fundador. Moragón centra a atención no personaxe ao que ilumina con unha luz forte e directa. Asinado no a.i.d.: "A. Moragón/73"

1973
aro
Aro

Aro de bronce de orixe indeterminada que pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

aros
Aros de óso de cetáceo

Cinco aros de óso de cetáceo de distintos diámetros. Pertencen á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

mulleresgarabal
As mulleres
Manuel López Garabal
1970

Retrato de grupo de mulleres labregas, ataviadas coas roupas de cotío e o característico pano na cabeza. Lonxe da idealización, é a condición traballadora da muller galega a que se destaca, dende a nenez á vellez, nunha clara evocación do matriarcado. Estas mulleres son persoas curtidas pola dureza do traballo do campo, de aí que todas presenten unha estrutura ósea forte, unha musculatura correosa e unha pel queimada polo sol. Garabal aposta por unha poética do feo, fronte o idealismo da xeración anterior.

1970
asubío
Asubío cerámico

Asubío cerámico con forma de cabeza. Cerámica cor ocre claro. Doación de Mercedes Abeja, sobriña-neta de Benigno Lago Estévez (1897-1976) que viviu en Perú nos anos 20 e 30 do século XX. Posiblemente é unha réplica.

ausiasmarchprado
Ausiàs March lendo os seus poemas ao príncipe de Viana
Julio Cebrián Mezquita
1884

Pintura de tema histórico que representa o poeta valenciano do século XV, Ausiàs March, recitando os seus poemas a don Carlos d'Evreux e Trastamara, príncipe de Viana. A recreación histórica da estancia e das vestimentas dos personaxes é moi detallista; destaca a gran delicadeza e precisión con que se describe o mobiliario, o pavimento ornamentado e a alfombra. Asinado no a.i.d.

1884
biface
Biface de sílex

Biface de sílex de procedencia americana. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

bifaz
Bifaz de sílex
Período paleolítico

Bifaz de sílex procedente da cunca do Sena. Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cuarzo
Bloque tallado de cuarzo
Período paleolítico

Bloque de cuarzo tallado de procedencia indeterminada.

apis
Boi Apis

Figura de bronce sobre peana ovalada de madeira con soporte metálico que representa o boi Apis. De procedencia exipcia indeterminada, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

boleadoras
Boleadoras

Xogo de boleadoras en coiro unidas por corda vexetal trenzada. De procedencia americana, pertencen á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

bote
Bote de cristal con carbón
Período neolítico

Bote de cristal con etiqueta original que conten mostra de carbón procedente de restos crematorios do dolmen da Mourela (As Pontes, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

botella
Botella antropomórfica con asa

Botella antropomórfica con asa orixinaria de Mollendo-Matarani (Perú). Cerámica de cor negra. Doazón de Mercedes Abella, sobriña-neta de Benigno Lago Estévez (1897-1976) que viviu en Perú nos anos 20 e 30 do século XX. Posiblemente é unha réplica.

botella
Botelliña de vidro

Pequena botella de vidro de forma globular cunha liña horizontal destacada no centro da peza. De posible procedencia púnica ou romana. pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cabeza
Cabeza de cerámica

Figura de cabeza en barro moldeado sobre peana de madeira de procedencia e datación indeterminadas. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cadeirabrazos
Cadeira de brazos

Cadeira de brazos de estilo español en madeira con decoracións de debuxos en taracea con incrustacións de nácar e marfil. Estilo renacentista, século XVI.

caixa
Caixa cerámica decorada

Caixa cerámica de contexto cultural celtibérico con inscricións en todas as caras exteriores. Trátase de material moi fráxil cocido a baixa temperatura. De procedencia descoñecida, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

caixa
Caixa de cabaza e prata
Século XIX (?)

Pequena caixa feita a partir dunha cabaza lacada e decorada con filigrana de prata, posiblemente usada para gardar incenso. De procedencia asiática, pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cañada
Cañada
José Fernández Sánchez
1952

Formado na escola coruñesa, Fernández Sánchez continúa o concepto da paisaxe difundido polo principal representante de dita escola, Francisco Lloréns. O protagonista desta obra é a paisaxe galega que o autor representará constantemente; o sabor do autóctono: a sensación de ambiente, dunha atmosfera húmida -influencia de Lloréns-, o verde das árbores -gama cromática que repite con frecuencia neste xénero-, son plasmadas nunha vista na quea representación dunha casa convértese nun detalle anecdótico no medio da paisaxe de bosque, auténtica protagonista da obra. Herdeiro dunha técnica impresionista, José Fernández Sánchez traballa cunha pincelada espontánea, de toque, difuminando as formas cara o fondo para transmitir a sensación de profundidade. Asinado no ángulo inferior dereito.

1952
canto
Canto rodado
Indeterminada

Canto rodado unifacial de cuarzo procedente de Alcaiás - Montoxo (Cedeira, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto rodado
III milenio aC

Canto rodado de granito pulido procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto rodado pulimentado
Período neolítico

Canto rodado pulido de cuarcita, procedente da mámoa nº 4 de Caldeira-Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto rodado pulimentado
Período neolítico (?)

Canto rodado pulimentado de cuarcita procedente de Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto tallado
Período paleolítico

Canto de cuarcita tallado de procedencia descoñecida.

canto
Canto tallado
Período neolítico

Canto tallado unifacial procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto tallado
Período neolítico

Canto tallado e unifacial apuntado procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña), Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

canto
Canto tallado
Período paleolítico

Canto tallado de cuarcita de procedencia indeterminada.

canto
Canto tallado
Período paleolítico

Canto tallado de cuarzo de procedencia indeterminada.

canto
Canto tallado
Período paleolítico

Canto de cuarcita tallado de procedencia indeterminada.

canto
Canto tallado
Período paleolítico

Canto tallado de cuarcita de procedencia indeterminada.

canto
Canto tallado unifacial
Período paleolítico

Canto de cuarcita tallado por unha cara, procedente da Guarda (Pontevedra).

cara
Cara de bronce

Peza de bronce que representa unha cara. De procedencia e datación indeterminadas.

mapafontan
Carta xeométrica de Galicia
Domingo Fontán Rodríguez
1834

Carta Xeométrica de Galicia. Escala 1/100.000. Título da obra no a.s.e: "CARTA GEOMETRICA/ DE GALICIA/ Dividida en sus Provincias/ de Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos/ Presentada/ en 1834 A S.M LA REINA GOBERNADORA/ Doña María Cristina de Borbón/ por su Secretario de Estado y del despacho del Interior/ LEVANTADA y CONSTRUIDA/ EN LA ESCALA DEL CIENMILESIMO/ POR EL D. D. DOMINGO FONTAN/ Director del Observatorio astronómico de Madrid, Diputado a Cortes/ Individuo de la Academia de la Historia y de la Sociedad Geográfica de París/ Ex profesor de matemáticas sublimes y de Mecánica Industrial en la ciudad de Santiago/ Grabada bajo la dirección del Autor/ en 1845/ por L BOUFARD"

1834
casquete
Casquete

Casquete de bronce con decoracion estriada de contexto cultural romano e procedencia descoñecida. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

chinelas
Chinelas orientais
Século XIX (?)

Par de chinelas realizada co trenzado dunha fibra moi fina de orixe vexetal. De procedencia oriental, posiblemente Filipinas, pertencen á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cicel
Cicel
Bo
Megalitismo final, III milenio

Cicel de esquisto tallado e pulimentado procedente da mámoa da Lagoa - Rechaba (Tordoia - A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cicel
Cicel
Período megalítico

Cicel ou machado plano de esquisto de sección afusada estreitada nun extremo e que remata nun gume curvado. Procede de Veiga dos Mouros (As Pontes, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cicel
Cicel
Período megalítico

Cicel ou machado plano de esquisto de sección afusada estreitada nun extremo e que remata nun gume curvado. Procede de Veiga dos Mouros (As Pontes, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cicel
Cicel ou machado plano
Idade do bronce

Cicel ou machado plano de bronce de sección afusada estreitada nun extremo e que remata nun fío curvado. Procede do Castro de Santa Marta de Carballido (Vilalba, Lugo). Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

colgante
Colgante de bronce esmaltado
Século XIV

Chapa de bronce de forma rectangular con apéndice triangular e anel para colgar. A superficie está decorada en oco para recibir o esmalte. Procedente de Burgos, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

colgante
Colgante de vidro con cara

Peza circular de vidro con colgante que inclúe unha cara modelada. De contexto posiblemente romano e procedencia descoñecida, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia

consola
Consola
1701

Media mesa que vai arrimada á parede. Mesa dourada de pata curva.

1701
pratos
Conxunto cerámico de fragmentos de pratos
Época romana - castrexa

Nove fragmentos de pratos, algúns coa superficie exterior bruñida, de cor negro e con engobe vermello pompeián na cara interior. Procedentes de Cadebarcos - Bares (Mañón, A Coruña), pertencen á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pezasliticas
Conxunto de 10 pezas talladas de industria lítica

Conxunto de 10 microlitos de sílex procedentes da zona do río Manzanares (Madrid).

pezas
Conxunto de 14 pezas óseas
Período paleolítico

Conxunto de 14 pezas óseas talladas (arpóns e puntas) procedentes de Cueva Castillo (Cantabria) de datación indeterminada.

osos
Conxunto de 16 pezas óseas
Período paleolítico

Conxunto de 16 pezas de óso talladas (arpóns, puntas e colgantes) que proceden da cova de El Pendo (Camargo, Cantabria). 

ceramica
Conxunto de 20 pezas cerámicas
Época romana

Conxunto de 20 fragmentos de cerámica de terra sigillata, algúns deles identificados como procedentes do Castro de Elviña. Son 8 fragmentos de fondo, 7 fragmentos de bordo e 5 fragmentos do corpo do recipiente, 4 deles con decoración. Cerámica realizada a molde con verniz de engobe vermello.

industrialitica
Conxunto de 22 pezas de industria lítica
Período paleolítico

Conxunto de 22 microlitos de sílex e cuarzo (láminas, lascas e fragmentos de punta) procedentes do Sáhara e doados por Antonio Fraguas e Juan Bayolo.

oso
Conxunto de 3 pezas óseas
Período paleolítico

Tres pezas de óso tallado (arpón e puntas) procedentes de Cueva del Valle (Cantabria).

cravos
Conxunto de cravos de ferro

Cinco cravos de ferro de distintos tamaños de procedencia e datación indeterminadas.

fragmentos
Conxunto de fragmentos cerámicos
Idade do ferro

Conxunto de fragmentos cerámicos integrado por dous fragmentos de bordo, un deles decorado con cordón aplicado, e o fondo dun gran contedor. Proceden de Tapada de Varzea - Idanha a Nova (Portugal).

fragmentos
Conxunto de fragmentos cerámicos
Época romana

Catro fragmentos de cerámica de época romana, posiblemente de procedencia portuguesa.

tellas
Conxunto de fragmentos de tellas
Época romana

Conxunto de 10 fragmentos de tellas procedentes do xacemento do campamento romano de Cidadela (Sobrado, A Coruña).

silex
Conxunto de microlitos
Período neolítico

Cinco pezas líticas de sílex e cuarzo talladas que proceden de Monte Caldeira - Bares (Mañón, A Coruña). Pertencen á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

muiños
Conxunto de muíños de pedra
Idades do bronce e do ferro

Conxunto de 18 muíños de pedra, 16 pertencentes á Idade do ferro procedentes de diferentes castros e 2 prehistóricos.

aneis
Conxunto de nove aneis

Nove pezas, que poden ser aneis ou premoedas, con forma de serpe. De orixe ibérica ou romana, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pezas
Conxunto de obxectos metálicos

Conxunto formado por seis pezas de bronce: unha agulla, unha chapa perforada, un cravo e tres remates. De procedencia descoñecida, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pezas
Conxunto de pezas metálicas

Conxunto de pezas metálicas de contexto cultural romano que inclúe: 1. remate esférico, 2. tira estreita dobrada, 3. fragmento de anel (?) 4. fibela anular (?), 5. proxectil, 6. fragmento de tira. De procedencia descoñecida, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

mesa
Conxunto mobiliario salón

Conxunto de sofá , tres cadeiras de brazos, catro cadeiras e unha mesa.

cristogarabal
Cristo
Manuel López Garabal
1960

Obra de temática relixiosa realizada na etapa de madurez do autor. Trátase dunha escena de Crucifixión, que concentra toda a súa expresividade na dor e no sufrimento dese Cristo que, aínda sen desfalecer, mantén tensa a musculatura e parece a piques de retorcerse pola tortura. Trátase dun estudo preparatorio para o Cristo na Cruz de San Fiz de Solovio. Están presentes as características da etapa na que foi feito: un potentísimo debuxo, que perfila e define a figura, logrando unha perfecta representación da dor. A técnica do cadro -o carbón- sérvelle para crear un ambiente lúgubre e escuro no que sucedeu a escena. Asinado no ángulo inferior dereito.

1960
crucifixo
Crucifixo da agonía
José Ferreiro
1804

Cristo crucificado, con tres cravos e pano da pureza que anudado na cadeira, cae voante. Destaca como característica Ferreriana, o arco que debuxa a liña do corpo, así como a marcada anatomía do torso ou a dureza ósea das cadeiras. A cabeza lixeiramente ladeada hacia atrás, imprime gran serenidade, a pesar de que representa o momento da expiración.

1804
cunca
Cunca
Época romana

Pequena cunca de cerámica en soporte metálico de época romana procedente de Empúries (Girona). Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

curalendoubeda
Cura lendo
Rafael Úbeda Piñeiro

No primeiro plano desta obra, transcorre a repousada escena do cura rural lendo mentres pasea, nun marco paisaxístico excepcional que pecha o fondo. Así, tralo párroco vemos un primeiro telón arquitectónico, de murallóns e casas, de definidos volumes xeométricos e tras elas un segundo telón, esta vez de altas montañas, facetadas en planos xeométricos, nos que se expón unha ampla gama cromática de verdes. Asinado no a.i.d. "R. Úbeda"

cuzco
Cuzco. Igrexa de Santo Cristo e Inquisición
Miguel Oursantzo
1950

Vista dos tellados dunha cidade, entre eles unha igrexa. Non está asinado. Inscrición na parte inferior do passpartout, practicamente perdida: "Cuzco. Perú. Iglesia Santo Cristo (derecha) e Inquisición (centro)"

1950
dente
Dente de équido
III milenio aC

Dente molar superior esquerdo de équido procedente do Campo do Tesouro - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

deusa
Deusa sedente

Figura de deusa sedente sobre peana de madeira pintada de negro. De orixe descoñecida e contexto cultural grecorromano, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

diadema
Diadema de ouro
Idade do bronce

Diadema de aliaxe de ouro e cobre, cinta de sección plana realizada a partir dunha lámina moi fina dobrada para axustar na cabeza con extremos redondeados con perforacións para suxeición con algún cordón téxtil. Procedente de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Diego de Muros
Diego de Muros
Autoría descoñecida
1816

Preséntase de corpo enteiro, en pé. Na mesa que hai a un lado, móstrase un tinteiro con tres plumas que foron interpretadas como unha alusión ás fundacións que este personaxe fixo con respecto ao Estudo Xeral de Compostela, Colexio de Santo Domingo de Oviedo e o Colexio de San Salvador de Oviedo, en Salamanca.

Encóntrase hoxe no Paraninfo e procede dun mosteiro de monxas, en Lerma, aínda cando o seu destino inicial ben puido ser o citado colexio de San Salvador; a datar no último terzo do século XVIII.

1816
doa
Doa de vidro

Doa esférica de perfil carenado, bitroncocónica de pasta vítrea con ouro. De contexto cultural castrexo e procedencia descoñecida. 

dobre machado
Dobre machado de ferro
Estimada na Idade de Bronce

Dobre machado de ferro con perforación central para enmangue. As follas de corte son curvas, a curvatura está enfatizada na parte superior e na base é recta. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

domingoandradecriado
Domingo de Andrade
Felipe Criado
1972

Retrato de corpo enteiro do arquitecto barroco Domingo de Andrade, que sentado nunha cadeira, represéntase en actitude reflexiva, quizais ideando algunha das súas obras, como suxire o bosquexo da torre do reloxo da catedral de Santiago que vemos na metade esquerda do lenzo. Asinado no a.i.e.: " Felipe Criado/ 1972"

1972
Domingo Fontán
Domingo Fontán
Antonio María Esquivel
1892

Trátase dun retrato adquirido en poxa. É obra de Antonio María Esquivel, realizado en Madrid en maio de 1852. Este pintor romántico utiliza un cortinado verde, unha cadeira vermella, unha pilastra clásica e un globo terráqueo. Fontán (1788-1866), vestido de etiqueta, leva na súa man dereita un compás e apoia a outra sobre un mapa disposto sobre unha mesa. Leva no peito, desde 1848, a distinción que lle outorga Isabel II; Cabaleiro da Real e distinguida Orde Española de Carlos III.

1892
aros
Dous aros e unha espiral

Conxunto formado por tres pezas de bronce: dous aros e unha espiral. De orixe descoñecida e contexto cultural argárico, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

dedais
Dous dedais hispano-árabes

Dous dedais de bronce con decoración de liñas cruzadas. De procedencia descoñecida e contexto cultural hispano-árabe, pertencen á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. Concretamente, ao conxunto número 57 do inventario de Viqueira descrito como: "Dos dedales hispanoárabes (USC972), una hebilla moderna (USC973), un casquete romano (USC974), dos palitas de bronce (USC975) y dos agujas de bronce (USC976)".

machados
Dous machados negros

Dúas pedras negras de gran moi fino, cun pulido moi ben acabado Unha delas presenta unha pequena perforación nun extremo. De procedencia americana, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

unguentarios
Dous ungüentarios de vidro
Época romana

Dous pequenos ungüentarios de vidro de forma globular de época romana procedentes de Itálica (Sevilla). Pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

caras
Dúas caras de bronce

Dúas pequenas caras de bronce encaixadas nunha peza rectangular de madeira. Formaba tamén parte deste conxunto un torso de bronce actualmente desaparecido. De contexto cultural ibérico e procedencia descoñecida, pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

chaves
Dúas chaves

Dúas pequenas chaves de bronce, posiblemente de orixe romana, que pertencen á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pas
Dúas pas de bronce

Dúas pas de bronce de contexto cultural indeterminado e procedencia descoñecida que pertencen á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. Concretamente, ao conxunto número 57 do inventario de Viqueira descrito como: "Dos dedales hispanoárabes (USC972), una hebilla moderna (USC973), un casquete romano (USC974), dos palitas de bronce (USC975) y dos agujas de bronce (USC976)".

cantos
Dúas pezas de canto tallado
Período paleolítico

Dous cantos tallados de cuarcita de cor ocre.

eccehomo
Ecce Homo
Alfonso Costa
1987
1987
eduardo vilariño magdalena
Eduardo Vilariño Magdalena
José María Fenollera Ibáñez
1916

Este retrato encádrase na galería de presidentes da Real Sociedade Económica de Amigos do País da Cidade de Santiago, tendo en conta que ocupou tal cargo entre os anos 1906 e 1911. Segue as pautas fixadas noutros precedentes: medio corpo, mirando cara a un lado, fondo neutro e levando no peito a medalla desta institución. Este cadro, asinado por Fenollera, dátase en 1916, ano no que morre o retratado, tamén estreitamente vinculado á Universidade, xa que foi catedrático de Dereito, así como ao Concello de Santiago, do que chegou a ser alcalde.

1916
puñal
Empuñadura de puñal de antenas
Castrexa, seculo IV aC

Empuñadura dun puñal de antenas procedente do Castro de Alcaiás, Montoxo (Cedeira, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

escenasfamiliaresprado
Escenas familiares
Antonio Amorós Botella
1881

Escena anecdótica e costumista, que reflexa o que parece unha boa reprimenda da nai a un dos seus fillos. Máis alá dese pintoresquismo, rastréxase tamén unha leve crítica de tono social,  na recreación dos personaxes populares de baixa condición social e do medio que os rodea, incluíndo restos dunha edificación clásica, reutilizada para algún uso doméstico, aínda que non se pode considerar a obra como pertencente ao realismo social e comprometido, que xurdirá anos máis tarde na pintura española. La obra pertence á etapa de formación en Italia do artista.

1881
estela
Estela funeraria
Época romana

Estela funeraria de Graphice, escrava imperial, procedente do Pino (A Coruña).

Felipe de Castro
Gregorio Ferro Requeixo
1795

Este retrato ten un precedente: o que sobre o mesmo personaxe pinta Antonio Rafael Mengs. Nel aparece o retratado apoiando o seu brazo dereito sobre unha cabeza de león e portando na dereita un compás. Gregorio Ferro reinterpreta o tema, facendo neste caso que sexa a man dereita a que se pouse sobre a cabeza do león. Disponse o personaxe no seu propio taller, no que ten unha especial presenza un busto de Frei Martín Sarmiento.

Felipe de Castro sostén un libro que parece ofrecer ao espectador. Trátase dun tema que se axeita perfectamente ao destino que a pintura ten de ser un recoñecemento a quen doa a súa biblioteca á Universidade, que paga esta obra en 1795 e manda colocala na librería universitaria.

1795
fibela
Fibela
Tardorromana séculos IV - V

Fibela de bronce de forma rectangular no interior con decoración calada en forma de animal e broche de tipo "Simancas". Trátase dunha peza de contexto militar cingula militae. De procedencia descoñecida, posiblemente pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fibela
Fibela

Fibela de bronce con remates cónicos estriados á que lle falta a agulla. Posiblemente de contexto cultural romano, pero de procedencia descoñecida. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fibela
Fibela en omega

Fibela en omega que non conserva a agulla. De contexto cultural romano, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fibela
Fibela moderna

Fibela de bronce de procedencia descoñecida que pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. Concretamente, ao conxunto numero 57 do inventario de Viqueira descrito como: "Dos dedales hispanoárabes (USC972), una hebilla moderna (USC973), un casquete romano (USC974), dos palitas de bronce (USC975) y dos agujas de bronce (USC976)".

figura
Figura de bronce

Figura humana esquemática sedente cos brazos cara diante con peana de madeira pintada de negro. De contexto histórico ibérico, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

figura
Figura de bronce

Figura humana esquemática de bronce de contexto cultural ibérico con peana de madeira pintada de negro. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

figura
Figura de cerámica

Figura de barro moldeado sobre peana de madeira de procedencia e datación indeterminadas. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

figura
Figura de cerámica

Figura de cerámica sobre peana de madeira de datación e procedencia indeterminadas. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

hercules
Figura de Hércules

Pequena figura de bronce de contexto cultural grecorromano que representa a Hércules. A figura descansa sobre unha peana. De procedencia descoñecida, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

momia
Figura de momia

Figura de cerámica que representa un sarcófago de momia exipcia. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

momia
Figura de momia

Figura cerámica que representa un sarcófago de momia exipcia. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

figura
Figura Ushebti
Fenicia, s. IV-III aC

As Ushebti son pequenas estatuas funerarias que se usaban no Antigo Egipto. Esta é unha figura de pé cos brazos pegados ao corpo. Home con barba. Peana de madeira pintada de negro. Material poroso verde escuro. Posible procedencia dunha tumba de Cádiz. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

filipeII
Filipe II
Autoría descoñecida

Estamos diante dun retrato do rei Filipe II xa maduro; o formato é ovalado e está cortado á altura do peito. O monarca vai vestido seguindo a moda do século XVI, con traxe negro e colo branco. Retrato dunha gran sobriedade, destacando unicamente a cadea e o colgante da orde do Toisón de Ouro. Séguese o modelo que a pintora renacentista italiana Sofonisba Anguissola fixo en 1573 no retrato deste rei que se conserva no Museo do Prado. Sen asinar

floreiromartorel
Floreiro
Martorel

Representación dun xarrón con flores, sobre unha peaña e fondo azul. Pintura moi lisa, só con lixeira textura nas zonas de luces. Cores brancas, amarelas, vermellas, azuis e terras. Asinado no a.i.d.: Martorel

floreiro2martorel
Floreiro 2
Martorel

Representación dun xarrón con flores, sobre unha peaña e fondo azul. Pintura moi lisa, só con lixeira textura nas zonas de luces. Cores brancos, amarelos, vermellos, azuis e terras. Asinado no a.i.d.: Martorel

daga
Folla de puñal ou daga
Idade do bronce

Folla de puñal con filetes labrados na base e cun nervio central que percorre toda a peza. Non conserva empuñadura pero si os orificios e perno para o enmangue. Procede de San Martín de Lanzós  (Vilalba, Lugo) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fosil
Fósil de trilobite
Período Paleozoico

Fósil de trilobite en pizarra procedente do Castro de Vilar (Folgoso do Courel, Lugo).

asa
Fragmento de asa
Época romana

Fragmento de asa de cerámica de éopca romana de procedencia indeterminada.

asa
Fragmento de asa de ánfora
Época romana

Fragmento de asa de ánfora con inscrición de procedencia indeterminada.

fragmento
Fragmento de asa de ánfora
Época romana

Fragmento de asa de ánfora procedente de Tapada de Varzea - Idanha a Nova (Portugal).

asa
Fragmento de asa de ánfora
Época romana

Fragmento de asa de ánfora de procedencia indeterminada.

asa
Fragmento de asa de ánfora
Época romana

Fragmento de asa de ánfora de procedencia indeterminada.

anfora
Fragmento de bordo de ánfora
Época romana

Fragmento de bordo de ánfora con arranque de asa de procedencia indeterminada.

fragmento
Fragmento de bordo de ola
Idade do ferro

Fragmento de bordo esvasado de ola castrexa procedente do castro de San Xiao (Toques, A Coruña).

fragmento
Fragmento de bordo de ola
Idade do ferro

Fragmento de bordo esvasado de ola castrexa procedente do castro de San Xiao (Toques, A Coruña).

fragmento
Fragmento de bordo de ola
Idade do ferro

Fragmento de bordo esvasado de ola castrexa de pasta de cor pardo escuro procedente do castro de San Xiao (Toques, A Coruña).

fragmento
Fragmento de cerámica
Período calcolítico

Pequeno fragmento de vaso campaniforme con decoración puntillada procedente de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fragmento
Fragmento de cerámica con inscrición
Época romana

Fragmento de cerámica de cor ocre claro con engobe vermello e unha inscrición escrita. Procede do campamento romano de Cidadela (Sobrado, A Coruña).

folla
Fragmento de folla de ferro

Fragmento de folla de ferro, posiblemente de coitelo, de procedencia e datación indeterminadas.

ferro
Fragmento de folla de ferro

Fragmento de folla de ferro que pode ser dunha punta, dun puñal ou dunha espada. Procedencia e datación indeterminadas

ladrillo
Fragmento de ladrillo
Época romana

Fragmento de ladrillo descuberto nunha prospección en Bares (Mañón, A Coruña) durante as obras de construción da fábrica de salazón de D. Pascual Bermúdez preto da praia. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Fragmento de machado
Indeterminada

Fragmento de machado de anfibolita negra pulimentada procedente de Alcaiás - Montoxo (Cedeira, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Fragmento de machado
Período neolítico

Fragmento de machado pulimentado que pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

ola
Fragmento de ola castrexa con asa
Idade do ferro - Castrexa

Fragmentos de bordo de ola castrexa con asa e decoración impresa e plástica. Proceden do Castro Alto da Medoña (Vigo, Pontevedra).

peine
Fragmento de peite de óso

Fragmento de peite de óso pulido e tallado. De procedencia e datación indeterminadas.

pizarra
Fragmento de pizarra
Período neolítico

Fragmento de pizarra procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

recipiente
Fragmento de recipiente con dúas asas

Fragmento dun recipiente con dúas asas de procedencia e datación indeterminadas.

tella
Fragmento de tella
Época romana

Fragmento de tella con pestana descuberta nunha prospección en Bares (Mañón, A Coruña) durante as obras de construción da fábrica de salazón de D. Pascual Bermúdez preto da praia. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

tella
Fragmento de tella
Época romana

Fragmento de tella con pestaña descuberta nunha prospección en Bares (Mañón, A Coruña) durante as obras de construción da fábrica de salazón de D. Pascual Bermúdez perto da praia. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

tella
Fragmento de tella plana
Época romana

Fragmento de tella plana procedente do castro de San Xiao (Toques, A Coruña). 

vidro
Fragmento de vidro fondo

Fragmento de vidro que corresponde a un fondo de vaso ou botella. De contexto cultural romano e procedencia descoñecida.

vidro
Fragmento de vidro plano

Fragmento de vidro plano con borde redondeado. De contexto cultural romano e procedencia descoñecida.

fragmentos
Fragmento de xerra
Idade do ferro - Castrexa

Fragmento de xerra tipo "Neixón" con decoración impresa estampillada e asa con dúas acanaladuras. Procede do Castro Alto da Medoña (Vigo, Pontevedra).

fragmentos
Fragmentos de bordo de ola
Idade do ferro - Castrexa

Fragmentos de bordo de ola castrexa con decoración impresa e plástica procedente do Castro Alto de Medoña (Vigo, Pontevedra).

ceramica
Fragmentos de cerámica campaniforme
Período calcolítico

Fragmentos de vaso campaniforme, en dez pezas, con decoración en bandas horizontais e liñas oblícuas e acabado bruñido. Proceden de Veiga dos Mouros (As Pontes, A Coruña) e pertencen á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pergameo
Fragmentos de pergameo

Sete fragmentos de pergameo de procedencia e datación indeterminadas. Presentadas nun conxunto cunha etiqueta que di: "CÓDICE S. XII".

fragmentos
Fragmentos de sítula

Catro fragmentos dunha sítula de bronce; un deles corresponde a unha asa. Posiblemento da idade de Ferro, de procedencia descoñecida.

crisois
Fragmentos de tres crisois

Fragmentos de tres crisois cerámicos con restos de fundición de bronce adheridos nas paredes das pezas. Posiblemente procedentes do Castro de Neixón (Boiro, A Coruña).

Francisco Asorey
Francisco Asorey
Felipe Criado
1957

Asorey naceu en Cambados e viviu en Santiago de Compostela desde 1918, ano no que obtén a praza de escultor anatómico da Facultade de Medicina. Neste caso, o vítor parte dun retrato obra de Felipe Criado, datado en 1957. Preséntao no seu obradoiro, con Compostela como fondo. Convértese en vítor en 1969, en razón do enmarcado que recibe, engadíndoselle un texto: “Francisco Asorey/Escultor anatómico de esta Universidad/ (1889-1961)”, seguindo criterios de Ramón Otero Túñez, decano da Facultade de Filosofía e Letras.

1957
freno
Freno de cabalo
Idade do ferro

Freno de cabalo en forma de disco con radios de bronce procedente do Castro de Senra (Ortigueira, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

selo
Impresión de selo en cera

Taboíña de cera de formato rectangular con impresión de selo de cor negra de procedencia exipcia indeterminada. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

selo
Impresión de selo en cera

Taboíña de cera de formato rectangular con impresión de selo de cor vermella de procedencia exipcia indeterminada. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

inmaculada
Inmaculada
Anónimo
1769

Seguindo o modelo iconográfico derivado de Murillo, nesta obra vemos a imaxe xuvenil da Inmaculada Concepción de pé, coas mans cruzadas diante do peito e vestida con túnica branca e manto azul, símbolos de pureza e eternidade, coroada de estrelas. A Virxe levántase sobre a esfera do mundo, onde aparece a lúa cos cornos invertidos, a cal esmaga a serpe, aludindo ao seu triunfo sobre o pecado e rodeada dun resplandor; á súa beira aparece a pomba do Espírito Santo e unha serie de anxos que a acompañan. Aparecen tamén as letanías marianas da torre e do río.

1769
isabelii
Isabel II
Autoría descoñecida, escola de Madrazo
1801

Retrato da raíña Isabel II, aparece de medio corpo. Clara influencia de Federico Madrazo e de Vicente López. Gusto pola calidade das teas. A moda do momento adquire gran protagonismo como elemento de contemporaneidade, e a elegancia da raíña non radica só na indumentaria, senón no seu aceno distante e altivo que outorga personalidade ao retrato. Destaca a necesidade de acompañar a figura cos emblemas reais: o cetro e a coroa.

1801
isabelIIfierros
Isabel II
Dionisio Fierros Álvarez
1857

Retrato da raíña Isabel II. Trátase dunha copia doutro, feito por un anónimo da escola de Federico Madrazo, de medio corpo e de maior calidade técnica e estilísca. Dionisio Fierros realizou este retrato seguramente por encargo, na súa etapa de Santiago entre 1855 - 1858.

1857
isis
Isis

Figura en bronce que representa a deusa Isis sentada. De contexto cultural exipcio, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

juan sanmartín
Juan Sanmartín de la Serna
Juan Alarcón
1886

O retrato que nos mostra ao escultor Juan Sanmartín y Serna -así era denominado no expediente que se conserva no Arquivo da Real Sociedade Económica da Cidade de Santiago- (Santiago de Compostela, 1830-1898) preséntao de pé, coa súa man dereita oculta pola roupa e a outra pousada sobre un voluminoso libro que se localiza sobre unha mesa de formas barrocas. Nun segundo plano pode verse unha librería ante a que se encontra un cartafol repleto de láminas e, tamén, sobre un alto pedestal, unha escultura súa: Cervantes en prisión, que ía presentar á Exposición Nacional de Madrid de 1887. Esta é a razón pola que o pintor José Alarcón a incorpora a este retrato de 1886. Trátase, en definitiva, dunha obra coa que o escultor pretende consagrarse na capital de España.

1886
aixada
Lámina de aixada
Megalitismo final, III milenio

Lámina de aixada de esquisto procedente da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

aixola
Lámina de aixola
Megalitismo final, III milenio

Lámina de aixola de esquisto procedente de Mámoa da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección "Rechaba" depositada por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas.

Lámpada de teito

Lámpada de araña da Real Fábrica de Cristais de La Granja

lasca
Lasca
III milenio aC

Lasca de cuarcita marrón procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lasca
Lasca
III milenio aC

Lasca de cuarcita negra. Posible talón de coitelo de dobre gume procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lasca
Lasca de cuarzo

Lasca de cuarzo procedente da zona do río Manzanares (Madrid).

lasca
Lasca de sílex

Lasca de sílex de procedencia e datación indeterminadas

lasca
Lasca de sílex

Lasca de sílex de procedencia e datación indeterminadas.

lasca
Lasca de sílex

Lasca de sílex de datación e procedencia indeterminadas

leon
León

Figura de bronce que representa un león deitado sobre unha peana. Na base da figura está representado o deus Bes gravado no bronce. De contexto cultural exipcio, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica de contexto cultural hispano-árabe. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. 

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica, sen decoración e con remate cónico na parte superior, posiblemente de procedencia siria. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica, con decoración na parte superior, de contexto cultural romano e procedencia siria. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica, con decoración na parte superior, de contexto cultural romano e procedencia siria. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica, con decoración na parte superior, de contexto cultural romano e procedencia siria. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica, con decoración na parte superior, de contexto cultural romano e procedencia siria. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lucerna
Lucerna

Lucerna de cerámica con decoración na parte superior de procedencia posiblemente medieval. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado
Megalitismo final, III milenio

Machado de esquisto tallado e pulido procedente da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón dunha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Fragmento de machado, do que se conserva a parte central da peza. Tipoloxía de machado de talón. Aparece como parte dun muiño, motivo polo que ten unha gran perforación central. Pertence á colección “Federico Maciñeira” dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente de Riobarba - Ribeira do Sor (no límite entre as provincias da Coruña e Lugo).

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón de dúas aselas. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón que conserva unha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón que non conserva as aselas. Procede posiblemente da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón dunha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de bronce completo de dúas aselas. Procede de Porto Cando (Vilalba, Lugo) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón que só conserva unha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Pequeno machado de talón dunha asela. Posiblemente procede de Verín (Ourense) e pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón de dúas aselas en dous fragmentos. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón con dúas aselas que conserva o cono de fundición. Procede de Verín (Ourense) e pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón que conserva unha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Pequeno machado de talón procedente da escavación realizada no túmulo de Vilavella en 1910. Aínda que non conserva aselas, é posible que tivese unha. Procede do túmulo 240 de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón de dúas aselas. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón dunha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado plano de procedencia descoñecida que pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón que conserva unha asela. Procede da Senra (Ortigueira, A Coruña) e pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de bronce
Idade do bronce

Machado de talón con dúas aselas, rebordos da fundición en molde e meladuras no gume. Procede do Castro Pequeno de Punta Neixón (Boiro, A Coruña).

machado
Machado de bronce (réplica)
Idade do bronce

Reprodución en bronce de machado de talón estreito e unha única asela. Pertence á colección "Viñes Gimet" dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de ferro

Machado de ferro de procedencia e datación indeterminadas.

machado
Machado de ferro

Machado de ferro de procedencia e datación indeterminadas.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de basalto pulimentado de cor cobre. Peza trasladada á Colección Maciñeira (túmulos As Pontes, Bares, 1947). Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Fragmento de machado de pedra de procedencia descoñecida.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra serpentinosa tallada e pulimentada procedente de Monte de Auga Redonda - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra tallada e pulimentada, rota en dous fragmentos, procedente de Chao de Caldeira - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período megalítico

Machado de fibolita pulimentada de cor verde escuro. Procedente do Castro de Vixil, Parroquia de Boizán (Vilalba, Lugo), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado pulimentado de cuarzo de procedencia descoñecida.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra tallada e pulimentada de cor marrón procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña), descuberto nunha terra de labranza anexa ao santuario. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período megalítico

Fragmento de machado de fribolita pulimentada, de cor marrón con vetas claras e grisáceas. Procedente de Castro de Carballido (Vilalba, Lugo), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado pulimentado de cuarcita veteada negra e branca de procedencia indeterminada.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra tallada e pulimentada de cor gris procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pulimentada, posiblemente fribolita, de cor amarelo con vetas brancas e marróns. De procedencia indeterminada, pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado tallado e pulimentado de cuarcita negra, procedente das Pontes (A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pulimentada e tallada de cor escuro e vetas marróns que foi descuberto cavando unha gabia no camiño do faro de Estaca de Bares. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. 

machado
Machado de pedra pulimentada
Período megalítico

Machado ou lámina de aixada de pedra anfibolita tallada e pulimentada procedente de Veiga dos Mouros (As Pontes, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado pulimentado de granito serpentínico que presenta cor azulado na parte pulida do gume e ocre no resto. Procedente de Fene (A Coruña), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado pulimentado de pedra de pórfido. Descoñécese a súa procedencia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pulimentada e tallada de cuarcita negra, procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período megalítico

Machado pulimentado de pedra serpentinita con magnetita de cor branco con vetas escuras. Presenta unha perforación. Procedente de Vilalba (Lugo), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado pulimentado de pedra de cor verde e negro veteado de procedencia descoñecida.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pulimentada e tallada cor pardo procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período megalítico

Machado de pedra serpentinita marmorizada verde pulimentada cunha perforación. Procedente de Vilapedre (Vilalba, Lugo), pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico (?)

Machado de cuarcita pulimentada en fragmentos, procedente da Serra da Capelada (A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pórfido-diorítica pulimentada de cor marrón procedente de San Andrés de Teixido (A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pórfido-diorítica pulimentada de cor claro con vetas grises procedente do Castro de Carballido (Vilalba, Lugo). Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de piedra pulimentada e tallada procedente do Castro de Carballido (Vilalba, Lugo). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra pulimentada e tallada de cor verde escuro, procedente de Vilalba (Lugo). Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado de pedra pulimentada
Período neolítico

Machado de pedra metamórfica pulimentada de procedencia indeterminada.

machado
Machado de pedra pulimentada (fragmento)
Período neolítico

Fragmento de machado de pedra tallada e pulimentada, agasallo do etnógrafo e arqueólogo portugués  José Leite de Vasconcelos a Federico Maciñeira en 1898. Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado plano de bronce
Idade do bronce

Machado plano de bronce de gume curvo. De procedencia descoñecida, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado

Machado pulimentado de pedra gris de procedencia americana. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado

Machado pulimentado de pedra amarela e laranxa de procedencia americana. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado

Machado pulimentado de procedencia americana que pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
III milenio aC

Machado de pedra arenisca pulimentada procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
III milenio aC

Machado de pizarra pulimentada procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
III milenio aC

Machado de pedra serpentínica pulimentada procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
V milenio aC

Machado pulimentado procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
III milenio aC

Machado de pedra pulida e tallada procedente de Chao da Caldeira - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
Megalitismo final, III milenio

Pequeno machado de rocha negra pulimentada con vetas amarelas procedente da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
III milenio aC

Fragmento de machado de pedra metamórfica procedente de Mamoelas - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
Período neolítico

Machado de esquisto pulimentado de procedencia indeterminada. Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Machado pulimentado
Megalitismo final, III milenio

Machado de esquisto pulimentado procedente da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña). Pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

maciña
Maciña de bronce
Indeterminada

Pequena maza de bronce de forma rectangular con extremos rectos, partida pola metade e cunha perforación central para o enmangue. Pertence á "Colección Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

mapaespaña
Mapa de España

Mapa de España en relevo feito en dúas pezas. Ten unha escala 1:500.000 en horizontal e 1:50.000 en vertical. Na parte inferior esquerda hai unha incrición: "RELIEVE DE LA/ PENÍNSULA IBÉRICA/ POR/ "OROS CARTOGRAFÍA EN RELIEVE/ SEGÚN DATOS PUBLICADOS POR EL/ INSTITUTO GEOGRÁFICO Y CATASTRAL/ ESCALA {HORIZONTALES- 1:500000/ VERTICALES- 1: 50000/ Donativo del Dtor/ D. Alejandro R. Cadarso/ a la Facultad de Filosofia/ y Letras". O mapa encontrábase no edifico do Hospital de San Roque e na restauración que lle foi practicada comprobouse a súa pertenza á USC, polo que a Consellería de Economía e Facenda devolveu a peza a esta institución.

mapagalicia
Mapa de Galicia
Francisco Lloréns Díaz
1929

Mapa de Galicia, realizado para o Pavillón de Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla en 1929. O mapa debúxase nun pergameo desenrolado, ao redor do cal aparecen distintos motivos alusivos a Galicia: un home e unha muller con vestidos tradicionais, versos do poeta Ramón Cabanillas e o apóstolo Santiago a cabalo sobre o escudo de Galicia inscrito nunha vieira, na parte inferior, e na superior o mar sucado por grandes naves de distintas épocas que, entre outras cousas, inciden no contínuo vínculo entre Galicia e América; as máis antigas sitúanse en primeiro termo e as máis modernas, reflexo do progreso e da era industrial, ao fondo, están flanqueando o motivo do sol nacente.

1929
mariñagarabal
Mariña
Manuel López Garabal
1948

Paisaxe mariña da costa. O protagonista é sen dúbida a luz, cos seus distintos reflexos e matices, no ceo, na auga ou nas rochas contra as que rompen as ondas e nas que o sol parece pegar con forza, contrastando coa sombra en tons azuis e violetas do primeiro termo. Garabal válese dos recursos da propia técnica para lograr unha representación verídica do rompente de ondas, cargando máis a materia.

1948
mariña2garabal
Mariña 2
Manuel López Garabal
1948

Realizado na súa etapa de madurez, Garabal presenta aquí unha paisaxe mariña, cun mar picado que bate contra as rochas, concibidas como volumes redondeados, que reflicten o aceno da pincelada. Destacan especialmente os reflexos lumínicos e os efectos cromáticos que producen sobre as distintas superficies. Lonxe dunha paisaxe idealizada, Garabal reflexa a soidade e a dureza da Costa da Morte. Asinado no a.i.d. : "M. Garabal/1948"

1948
mariña3garabal
Mariña 3
Manuel López Garabal
1946

Da etapa de madurez de Garabal é esta paisaxe costeira, de acantilado, na que amosa a forza do mar picado batendo contra as rochas. Característica do autor é o amosar unha paisaxe que, lonxe da idealización, reflexa a crudeza e dureza da Costa da Morte. Cun dominio absoluto da técnica, Garabal preocúpase polos efectos matéricos e pictóricos, tanto no mar, onde xoga cos azuis e brancos para reflexar á forza do mar, coma nas rochas onde xoga cunha maior diversidade cromática: verdes, marróns, vermellos e malvas.

1946
marismasbescansa
Marismas
Bescansa
1946

Paisaxe mariña, na parte esquerda do cadro vemos unhas árbores e na parte dereita unha gamela na auga. Asinado e datado no ángulo inferior esquerdo.

1946
maximino teijeiro
Maximino Teijeiro Fernández
Atribuído a Elvira Santiso
Ca. 1900

Naceu en 1827 en Monforte de Lemos e morreu en Santiago en 1900. Esta pintura forma parte da galería de retratos dos presidentes da Real Sociedade Económica de Amigos do País da Cidade de Santiago, xa que ocupou ese cargo entre os anos 1869 e 1871; concretamente hai un retrato seu, feito por Sanmartín en 1869 que nos aproxima a como era el por entón. Evidentemente o mostrado nesta pintura responde a unha idade moi superior á que tiña cando desempeñou tal labor.

Maza
2500 - 2100 aC

Maza de rocha granítica moi silicificada procedente da mámoa 229 de Veiga dos Mouros (As Pontes, A Coruña) asociada a outros útiles líticos: un machado, unha aixola, dous cinceis e tres láminas de aixada. Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

maza
Maza de ferro

Maza de ferro de procedencia e datación indeterminadas que pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

maza
Maza ou roldana de pozo

Maza de ferro ou roldana de pozo de procedencia e datación indeterminadas que pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

mesaparador
Mesa aparador
mesafilipina
Mesa Filipina

Mesa de madeira redonda, cun só pé dividido en catro patas talladas con animais mitolóxicos.

miliario
Miliario
Época romana

Miliario dedicado ao emperador Caracalla no ano 213, procedente de Monterroso, Lugo.

moeda
Moeda
Romana, século I dC

As de Tiberio (CASCATUM) Navarra 14-37 d. C. Identificada pola Fundacion Monteagudo en marzo de 2023. Referencia: 427 do RPC (Roman Provincial Coinage, vol.1, 1992, Londres). Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

anochecerprado
O anoitecer no lago Trasimeno
Jaime Morera y Galicia
1877

Pintura que representa o momento da noitiña á beira do mar. No anoitecer, a súa atención céntrase nunha mariña, tema ao que recorrera frecuentemente dende que en 1900 se instalara en Bilbao. Aínda que de composición coidada, plasma a paisaxe cunha maior frescura que nas obras do seu mestre Carlos Haes, impoñéndose os efectos lumínicos e as acuosas celaxes nos protagonistas organizadores da composición.

1877
O Paraninfo. A Filosofía, as Ciencias e as Letras
O Paraninfo: a Filosofía, as Ciencias e as Letras
José María Fenollera
1906

A parte inmediata do teito do Paraninfo universitario compostelán, obra de Fenollera, parece relacionar Filosofía e Dereito, Ciencia e Medicina, e as Letras e a Farmacia, seguindo os doutoramentos daquela época nesta Universidade.

Así, a representación da Filosofía sostén un libro que di na súa portada: “A. BRAÑAS. M.- Filosofía del Derecho- Santiago- 1900”; deste xeito súmanse ambos os estudos. Filosofía e Dereito, ascende cara ao lugar no que pode verse un triángulo luminoso, símbolo que pode relacionarse coa Divindade pero que tamén cabe recoñecer como un Delta luminoso propio da masonería.

1906
O Paraninfo. A Poesía, a Música e a Pintura
O Paraninfo: a Poesía, a Música e a Pintura
José María Fenollera
1906

O teito do Paraninfo presenta tres representacións relacionados con Fenollera. A máis afastada da presidencia titúlase a Poesía, a Música e a Pintura. Na súa parte supostamente máis baixa do ceo desenvólvese unha representación das Artes -a escultura e a pintura-. Tamén, e nunha posición intermedia, móstrasenos, pensativa, unha representación da Poesía. Na parte supostamente máis elevada represéntase a Música a través dunha arpista.

A selección desta temática ben pode contar con fontes propias da masonería. Tanto a representación da Música como a da Poesía e a Pintura aparecen coas súas cabezas cubertas con coroas de loureiro, atributo de Apolo, do poeta, da virtude, da sabenza personificada e tamén das Artes Liberais.

1906
O Paraninfo. Minerva
O Paraninfo: Minerva
José María Fenollera
1906

Esta pintura central, e de maiores dimensións do teito do Paraninfo universitario compostelán, débese a Fenollera. Disponse nun espazo intermedio entre o ocupado polo profesorado e o alumnado. Está presidida pola imaxe sedente de Minerva ante a que se mostra unha muller vestida de verde, que simboliza a propia universidade galega.

Na parte do profesorado, o que se testemuña é o seu recoñecemento. Por iso, cara a aí oriéntase un xenio portando un diploma ou título que ofrece un bonete de doutor. Cara ao alumnado, en cambio, envíanse libros.

1906
orla1943
Orla de Filosofia e Letras 1943
1944

Orla en madeira tallada que simula un libro aberto coas fotos en ambos lados e na páxina esquerda un relevo que representa unha figura escribindo.

1944
orla1945
Orla de Filosofia e Letras 1945
M. Pena (Manufacturas Compostelanas)
1945

Orla da facultade de Filosofia e Letras. Promoción 1945-46

1945
orla1950
Orla de Filosofia e Letras 1950
J. L. Aldrey - Fotos Ksado
1950

Orla da facultade de Filosofia e Letras da promoción 1949-1950. Na súa ornementación, inspirada na Grecia clásica, figura unha representación de Minerva.

1950
orla1951
Orla de Filosofia e Letras 1951
Irmáns Veiga - Foto Arturo
1942

Orla tallada en madeira, elaborada en dúas pezas. No marco aparecen as fotos do profesorado e no corpo principal, sustentado por dúas figuras clásicas tenentes, está o estudiantado; neste caso é de destacar que todo o alumnado é feminino.

1942
pinoscasacampo
Os piñeiros da Casa de Campo
Juan Espina y Capó
1886

A natureza é a gran protagonista deste cadro: as árbores, o ceo e un camiño no que as personaxes ao lonxe son unha mera anécdota. O contraste das cores ocres da terra cos verdes das árbores xunto co ceo grisaceo compoñen unha imaxe na que a vexetación é o elemento principal. As cores cunha gama cromática restrinxida e de baixa intensidade, confírenlle á paisaxe un aspecto triste e melancólico. Asinado e datado no ángulo inferior esquerdo (J Espina 86).

1886
osiris
Osiris

Figura de bronce que representa a Osiris de pé. De contexto cultural exipcio, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

paisaxeboroxubeda
Paisaxe de Borox (Toledo)
Rafael Úbeda Piñeiro
1970

A concepción da paisaxe de Rafael Úbeda é claramente unha débeda tanto de conceptos cubistas coma da influencia de Cézanne; do primeiro toma a sólida estrutura compositiva, mentres que do segundo toma o concepto de reducir as formas da natureza a figuras básicas de xeometría. Así, o autor preséntanos unha paisaxe dunha vila toledano estruturada en distintas zonas: as árbores e casas do primeiro termo e as montañas do fondo, elementos que quedan reducidos a formas xeométricas triangulares, definidas polo trazo do debuxo. A paisaxe queda, por tanto, reducida a unha recreación de trazos esenciais e esquematizada ao máximo. A paleta cromática é sobria, baseada en gamas de grises, xunto con toques de brancos, ocres, verdes e vermello.

1970
pedra
Pedra achatada
Período neolítico

Pedra achatada de arenisca de aluvión para afiar ou pulir procedente de Lama - Riberas do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pedra
Pedra achatada
Período neolítico

Pedra achatada de aluvión para afiar ou pulir procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Pedra de afiar

Pedra circular de xisto con perforación central e marcas raiadas na superficie. De datación e procedencia indeterminadas, pertence á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

afiar
Pedra de afiar ou pulir
Período neolítico

Pedra de afiar ou pulir de arenisca procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

afiar
Pedra de afiar ou pulir (dúas pezas)
Período neolítico

Pedra de afiar ou pulir en dúas pezas procedente de Lama - Ribeiras do Sor (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pedra
Pedra esférica
Indeterminada

Pedra esférica de granito procedente do Castro de Senra (Ortigueira, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pendentes
Pendentes rectangulares
Século XIX (?)

Par de pendentes de aliaxe metálica de cobre con algo de prata de forma rectangular, nomeados como de orixe mapuche. Os pendentes rectangulares ou trapezoidales da xoiería nativa patagónica denomínanse chahuay-chapel ou upül e son de uso ceremonial. Pertencen á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

anfora
Pequena ánfora
Época romana

Pequena ánfora de cerámica en soporte metálico da época romana procedente de Marín (Pontevedra). Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

machado
Pequeno machado
Período neolítico

Pequeno machado de cuarcita negra pulimentada.

pesa
Pesa

Pesa de pedra metamórfica de forma troncocónica, descuberta ao abrir unha gabia no camiño do faro de Estaca de Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pesa
Pesa romana de madeira
Século XIX (?)

Pesa romana de latón en estoxo de madeira. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

disco
Peza lítica en forma de disco
Megalitismo final, III milenio

Pedra de cuarcita en forma de disco con acanaladuras concéntricas e perforacións: unha perforación central de maior tamaño e 5 máis arredor dela. As acanaladuras están tamén no canto onde hai unha perforación máis. Procede da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña) e pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pico
Picos sobre coio
Período paleolítico

Dous picos de cuarcita realizados a partir dun canto rodado procedentes da Guarda (Pontevedra).

pivote
Pivote de ánfora
Época romana

Pivote de ánfora de procedencia indeterminada.

phalera
Placa de bronce, posible phalera
Época romana

Placa de bronce decorada cunha cara, de forma cadrada e esquinas redondeadas de época romana. Trátase, posiblemente, dunha phalera, peza metálica ornamental de carácter militar. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

medalla
Placa gravada

Placa circular de bronce con decoración e anel para colgar de procedencia e datación indeterminadas. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

porco
Porco ibérico

Figura de bronce dun porco deitado sobre peana de madeira pintada de negro. De procedencia descoñecida, pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

portada facultade xeografía e historia
Portada da Real Universidade (actual Facultade de Xeografía e Historia)
Ramón Núñez
1902

A ampliación da Real Universidade, cun andar máis, outorgoulle un novo sentido á súa portada. Así a orixinaria -que segue a opción proposta por José Pérez Machado en 1799, con esculturas de José Ferreiro (1803)- é alterada desde o proxecto datado en 1889 e asinado por Ricardo Velázquez Bosco, levado a cabo entre 1894 e 1906. No relativo a esta portada cabe supoñer un papel relevante do propio Montero Ríos como mentor, en tanto que será Ramón Núñez quen se encarga do programa escultórico, datado en 1902.

Un relevo alusivo a Minerva -ou “a Sabenza coroando a mocidade estudosa”- , entre medallóns que nos mostran a Diego de Muros e Alonso de Fonseca, acompáñase de figuras en pé que representan a Lope Gómez de Marzoa, Álvaro de Cadaval, Conde de Monterrey (Manuel Acevedo y Zuñiga) e Juan de Ulloa. Todo isto coróase co escudo real entre portadores.

1902
pradosoutonobecansa
Prados en outono
Ricardo Bescansa
1940

Paisaxe rural galega. En primeiro termo vemos un campo e no fondo dúas casas e as árbores, todo en tonos verdes e marróns característicos do outono. Asinado no ángulo inferior dereito.

1940
pfreparandoposicionsrojas
Preparando oposicións
Soledad de Rojas
1973

Representa a unha muller sentada cun neno no colo e un libro nas mans. Ao seu carón, unha nena; é dicir, unha nai que ten que conxugar a maternidade e as tarefas domésticas co mundo académico ou profesional. A integración da muller no mundo académico, unha nova realidade e unha nova forma de representación ligada á corrente da Nova Figuración. Plasticamente a obra contén certos trazos expresionistas combinados cunha visión inxenuísta, peculiar da arte naïf. A composición é rixida e hierática. As figuras distorsiónanse e o colorido acentúa o carácter metálico e de atmosfera vaga que se ve apoiado polo espazo irreal do cuarto. A xeometría é un valor engadido á obra que lle outorga un matiz abstracto. Vólvese á figuración. pero contaminada polas novas tendencias dunha arte á que non se pode renunciar. Traballado con textura a espátula. Obra que recibiu a medalla de ouro na exposición celebrada con motivo da conmemoración do 50 aniversario da sección de Historía da entón Facultade de Filosofía e Letras da Universidade. Asinado pola autora no ángulo inferior esquerdo: "Soledad/de Rojas/73"

1973
prisma
Prisma de cristal de rocha
III milenio aC

Prisma de cristal de rocha procedente do Campo do Tesouro - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pulidor
Pulidor / molde
Indeterminada

Pedra de forma rectangular rota nun extremo, de dúas caras con rebaixes e forma alongada. Pertence á "Colección Maciñeira" dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia e procede do túmulo 77, Serra da Faladoira, perto da Parroquia de Ribeiras do Sor (Mañon, Ortigueira).

punta
Punta
Período neolítico

Fragmento distal dunha punta lítica procedente de Caldeira - Bares (Mañón, A Coruña). Pertence á colección “Federico Maciñeira” (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

levallois
Punta "Levallois"

Punta Levallois de sílex branco de procedencia e datación indeterminadas.

punta
Punta de ferro

Punta de ferro de datación e procedencia indeterminadas.

frecha
Punta de frecha

Punta de frecha rota no extremo. De procedencia americana, pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

frecha
Punta de frecha
Idade do bronce

Punta de frecha de bronce de base simple, apuntada con dobre bisel por unha cara procedente de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña). Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

frecha
Punta de frecha
Idade do bronce

Punta de frecha cun gume cortante e forma afusada. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente do túmulo 240 de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña)

frecha
Punta de frecha
Idade do bronce

Punta de frecha tipo palmela que conserva gume dun lado, cun pedúnculo estreito e folla ancha. Pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente do túmulo 240 de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña).

frecha
Punta de frecha
Idade do bronce

Punta de frecha ou dardo de bronce de forma lanceolada que conserva o fío cortante dun lado. Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente do túmulo 240, de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña).

frecha
Punta de frecha

Punta de frecha rota nun extremo. De procedencia americana, pertence á colección “Santiago de la Iglesia” (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

lanza
Punta de lanza
Idade do bronce

Punta de lanza de bronce, tipoloxía de lengüeta, cun engrosamento no centro. Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente do túmulo 240 de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña).

lanza
Punta de lanza de bronce
Idade do bronce

Punta de lanza con nervadura e enmangue central, folla cortante polos dous lados e forma lanceolada. Pasou á USC en 1978 procedente de Deixebre (Oroso, A Coruña).

lanza
Punta de lanza de ferro

Punta de lanza de ferro de procedencia y datación indeterminadas.

lanza
Punta de lanza de ferro

Punta de lanza de ferro coa folla fragmentada e a zona de enmangue oca. Procedencia e datación indeterminadas

proxectil
Punta de proxectil de sílex
Período paleolítico

Punta tallada de sílex, rota no extremo. Procede de Sáhara Occidental.

esenciero
Recipiente para esencias

Recipiente para esencias de madeira policromada en negro posiblemente procedente da Alhambra. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

 

reloxo
Reloxo

Reloxo dourado de fundición, decorado con cerámica pintada con motivos florais e un retrato de muller na parte superior nun marco ovalado e, a cada beira, un instrumento musical: un arpa e unha mandolina. O reloxo é redondo co números romanos; cóbreo unha campá de cristal.

relozoparede
Reloxo de parede

Reloxo de parede de madeira tallada, dourada e esmaltada. Decoración en relevo no enmarque do reloxo, de raigame rococó.

carlosVfierros
Retrato de Carlos I
Dionisio Fierros Álvarez
1857

Pintura retrato do rei Carlos I de España e V de Alemaña, en formato ovalado pero enmarcado en rectangular, de medio corpo, coa cabeza lixeiramente xirada cara a dereita, a vestimenta informal pero leva un colgante como atributo do seu estatus. As características responden a unha pintura académica e tradicional.

1857
mediocorpochicharro
Retrato de medio corpo
A. Chicharro

Fotografía asinada no a.i.d. a lápis: "A. Chicharro/Santiago"

mullerlaxeiro
Retrato de muller
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1973

Neste debuxo a carbón, Laxeiro presenta un retrato frontal dunha muller cortado á altura do busto. Centra a atención na mirada do persoaxe que, aínda que parece ausente, mira cara a fóra, cara o espectador. A técnica é reflexo do estilo do autor, destaca a importancia do debuxo, definidor dos rasgos do rostro e a liña, de formas sinuosas e redondeadas coa que traza o perfil do rostro e do manto co que cobre a cabeza.

1973
excmoginer
Retrato do Excmo. Sr. Giner de los Ríos
José Ramón Zaragoza
1937

Trátase dun retrato realista no que o retratado encóntrase de pé cunha pose de autoridade á vez que desenfadada, xa que aparece coa man no peto. O fondo no que se encontra é dedicado á súa vida, rodeado por unha columna significando o seu oficio de arquitecto. Ten na súa man unha carta que é relevante por encontrarse na parte central do lenzo, que podería ser un recordo do seu importante papel como ministro e deputado durante a Segunda República Española. As cores empregadas son moi neutras, aínda que no fondo resalta a columna da dereita na que encontramos o predominio da cor verde que destaca fronte as cores terra e gris do resto do retrato. A pincelada que encontramos é larga e solta.

Obra pertencente ao contrato-depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC.

1937
retrato_rei
Retrato dun rei
Dionisio Fierros Álvarez
1857

Retrato dun rei (que podería ser Fernando VI) de formato ovalado, de medio corpo con banda en cor azul celeste cruzándolle o peito ademais dun colgante de pedras preciosas como atributo da súa categoria. Pola súa vestimenta e peiteado pode datarse cronoloxicamente. Asinado no ángulo inferior dereito.

1857
retratodunvello
Retrato dun vello
Autoría descoñecida

Litografía dun autorretrato de Leonardo da Vinci

velloemoza
Retrato dun vello e unha moza

Litografía que mostra o perfil dun vello e dunha moza, sobre unha obra de Leonardo.

riasbaixasprado
Rías Baixas
Francisco Lloréns Díaz
1922

Mestre da paisaxe galega, recibiu con este cadro a Medalla de Ouro na Exposición Nacional de Belas Artes de 1922. Trátase dunha obra en tonos azulados e verdosos, moi diáfanos nos que o autor reincide de novo na necesidade de adaptación e transformación do luminismo mediterráneo de tipo sorollesco ao atlantismo galego. A técnica bosquexada, de longas pinceladas, posúe un toque case "fauve" no emprego da cor, especialmente neses azuís rutilantes que lle son caracteristícos. Asinado no ángulo inferior dereito:"F. Llorens"

1922
sacerdote
Sacerdote oferente

Figura de bronce que representa a un sacerdote oferente, de contexto cultural exipcio. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

xoanbautistaprado
San Xoán Bautista
Autoría descoñecida do círculo escurialense
1577

Óleo sobre táboa que representa a San Xoán Bautista de corpo enteiro, medio espido con túnica sobre un ombreiro con nó na cadeira. Leva o libro do Evanxeo na man esquerda e a dereita levantada cara o ceo sinalando co dedo o mundo celeste. Ao fondo, unha paisaxe de árbores e montañas. O corpo vese algo desproporcionado Inscrición no reverso: "nº 20-825" "Licen(do) Fer(do) de Castro" (Licenciado Fernando de Castro)

1577
santotomebescansa
Santo Tomé (Cambados)
Ricardo Bescansa
1945

Vista desde o mar do barrio de Santo Tomé, en Cambados, totalmente rodeado polas augas, o que provoca continuos efectos de reflexo. Acuarela de gran transparencia, moi lixeira. Asinado e datado no ángulo inferior esquerdo.

1945
arreos
Seis arreos de bronce

Conxunto de arreos de cabalo formado por seis pezas: tres filetes, dúas pezas de embocadura e unha aplicación para o frontal. De datación indeterminada e procedencia descoñecida, pertencen á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

fragmentos
Seis fragmentos de cerámica
Idade do bronce

Seis fragmentos de cerámica: un bordo de cunca con decoración incisa en zigzag, dous fragmentos de cerámica campaniforme e tres fragmentos lisos. Proceden das Gándaras de Budiño (Porriño. Ponetevedra).

selo
Selo

Selo de bronce en dúas pezas de época hispano-árabe e procedencia descoñecida. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

selo
Selo

Selo de bronce en dúas pezas de procedencia indeterminada. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

sola
Sola
Serafín Martínez Del Rincón y Trives
1884

O tema do cadro é a figura da muller. A rapaza de corpo enteiro apoiase con graza sobre unha varanda da pontiña, mentres nas súas mans suxeita un parasol. A imaxe lémbranos inmediatamente a estatua de Roig y Soler que realiza para o parque da Cidadela de Barcelona, coñecida como La Dama de la sombrilla. A conquista de beleza formal prima por riba doutra intención. Martínez del Rincón realiza unha obra de excelente factura. Como gran colorista que é, outorga ao cadro unha gran riqueza de tonalidades, xerada polo chamativo contraste entre os verdes brillantes, os brancos moi puros e os vermellos intensos. A minuciosidade dos detalles é caracteristica da estética modernista.

1884
Taboíña asiria
Imperio Asirio

Taboíña impresa de procedencia descoñecida e contexto cultural asirio, adquirida en poxa de Sotheby's en 1921. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

taboíña
Taboíña exipcia

Taboíña exipcia impresa de procedencia descoñecida adquirida en poxa de Sotheby's en 1921. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

taboíña
Taboíña neosumeria
Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi

Taboíña con envoltura formada de tres pezas: a pastilla selo cuneiforme e a envoltura con dúas partes. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

taboíña
Taboíña neosumeria
Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi

Taboíña con envoltura formada de tres pezas: a pastilla selo cuneiforme e a envoltura con dúas partes. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Taboíña neosumeria
Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi e Ur Ergin

Taboíña impresa. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

taboíña
Taboíña neosumeria
Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi e Ur Ergin

Taboíña impresa. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

taboíña
Taboíña neosumeria
Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi e Ur Ergin

Taboíña impresa. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

tapón
Tapón de cerámica
Época romana

Tapón de cerámica procedente dunha escavación no camiño ao Faro de Estaca de Bares (Mañón, A Coruña) pertencente á colección “Federico Maciñeira” (1948) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

teitoslima
Teitos de Lima
Miguel Oursantzo
1950

Vista arquitectónica da cidade de Lima; na parte inferior, no centro, unha muller asomada a un balcón. Incrición no a.i. e. a lápiz: "Miguel Oursantzo. Lima. 1950" Inscrición na parte inferior do passpartout, practicamente perdida: "Techos de Lima"

1950
tesoira
Tesoira de ferro

Tesoira de ferro fragmentada en varios anacos. De procedencia e datación indeterminadas.

torques
Torques en dúas pezas (réplica)
Século XX

Réplica dun torques prismático de sección cadrada con remates esferocónicos en dous fragmentos. A peza orixinal foi atopada por un labrego en San Vicente de Curtis, Vilasantar, A Coruña. Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

torrevigomendez
Torre do reloxo - Vigo
Manuel Méndez Pena

A imaxe da torre do reloxo da colexiata de Vigo queda encadrada no enmarque que lle outorga a vista tomada desde unha das rúas que van converxer á concatedral. As angulosidades das arquitecturas, as súas rexas volumetrías e a perspectiva da rúa que encontra o seu punto de fuga na fachada da igrexa, son os puntos principais que centran a atención do artista.

touro
Touriño romano

Figura de bronce dun toro sobre peana de madeira pintada de negro. De procedencia romana indeterminada, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pazcambrai
Tratado de Cambrai
Francisco Jover y Casanova
1871

Cuadro de historia, presentado á Exposición Nacional de 1871, que recolle o momento no que se firma a paz de Cambrai, pola que Margarida de Austria renuncia ao seu ducado de Borgoña en 1529 ante Luisa de Saboia. A relevancia do episodio require dunha representación solemne, recreada a través do rigor histórico. Esta vontade de erudición historicista plásmase nunha minuciosa e preciosista descrición do mobiliario así como da vestimenta dos personaxes, resultando unha composición certamente teatralizada, que peca quizais dunha excesiva frialdade. Factura academicista, cunha técnica coidada e preciosista.

1871
agullas
Tres agullas de bronce

Tres agullas de bronce de diferentes tamaños, de contexto cultural indeterminado e procedencia descoñecida, que pertencen á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia. Concretamente, ao conxunto número 57 do inventario de Viqueira descrito como: "Dos dedales hispanoárabes (USC972), una hebilla moderna (USC973), un casquete romano (USC974), dos palitas de bronce (USC975) y dos agujas de bronce (USC976)".

 

bloques
Tres bloques con extracción
Período paleolítico

Tres pezas líticas de sílex talladas de procedencia indeterminada.

fragmentos
Tres fragmentos de cerámica

Tres fragmentos de cerámica: un bordo con asa maciza, un bordo con corpo carenado e un fragmento de posible tapa, de datación indeterminada, procedentes de Buraca da Osa - Parada (Folgoso do Courel, Lugo). 

lascas
Tres lascas líticas

Tres lascas líticas de sílex de procedencia e datación indeterminadas. Pertencen á colección "Federico Maciñeira" (1947) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

pezas
Tres pezas de bronce

Tres pezas de bronce decoradas de procedencia e datación indeterminadas.

tresilloveludo
Tresillo de veludo vermello

Tresillo de madeira e veludo vermello. Está tapizado excepto nas patas e no armazón. É un conxunto de sofá e dúas cadeiras de brazos.

tunosgarabal
Tunos
Manuel López Garabal
1952

Trátase dunha típica escena da vida estudiantil compostelá, na que a tuna, co seu balbordo e ledicia, toca e canta nunha das rúas da cidade vella, concretamente baixo os soportais da que parece a Rúa Nova, perto xa da praza do Toural. O feito de situar a escena no ámbito compostelán, fálanos do sentimento galego do artista, enraizado na corrente primitivista dos artistas do 16. Fai unha minuciosa descrición dese instante, no que aparecen os tunos, uns sentados, outros tocando, e do lugar os característicos soportais de Santiago, perfectamente trazados cun sólido debuxo. Asinado e datado no ángulo inferior esquerdo.

1952
recunchoriabescansa
Un recuncho da ría
Ricardo Bescansa
1945

O camiño esténdese dende o primeiro termo cara o fondo, onde se dispoñen algunhas casas, nun percorrido que discorre paralelo á liña de costa. A paisaxe da ría concíbese plena dunha esbrancuxada luminosidade, acrecentada polos reflexos da auga. Asinado e datado no ángulo inferior dereito.

1945
usabti
Ushabti

Ushabti (amuleto funerario exipcio) de pasta vítrea cor verde escuro. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

ushatbi
Ushatbi

Ushatbi (amuleto funerario exipcio) de pasta de vidro cor verde escuro. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

vasilla
Vasilla con serpe

Vasilla de cerámica de cor negra con dúas bocas e unha serpe enrolada no corpo do recipiente. Procede de Colombia, posiblemente da cultura tairona. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

vasilla
Vasilla pintada

Vaslla de cerámica con forma globular, bordo esvasado e decoración pintada con engobe de cor branca. Procede do pobo peruano Shipibo-Konibo da cultura Moche. Pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

vasocampaniforme
Vaso campaniforme
Idade do bronce

Vaso campaniforme de cerámica, decorado con motivos de liñas oblícuas en bandas horizontais realizadas con impresión de cuncha. Procede do Túmulo 240 de Veiga de Vilavella (As Pontes, A Coruña) e pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

cunca
Vaso cerámico longobordo
Idade do bronce

Recipiente cerámico de forma globular, tipoloxía longobordo, que presenta un asa, con fondo cóncavo e superficie alisada, feito con pasta de cor pardo claro. Restos de fulixe nas paredes exteriores. Pertence á colección "Salvador Parga" dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente de Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). 

vaso
Vaso de cerámica

Pequeño vaso cerámico de cor negra con tres pés e decoración incisa e plástica. De datación indeterminada e procedente de Colombia, pertence á colección “José Viqueira” (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

visitaexposicionseverocebreiro
Visita a unha exposición
Severo Cebreiro Santiso
1973

Visita a unha galería de arte. En primeiro plano vemos unhas persoas mirando unhas pinturas que penduran das paredes. A composición lévanos cara o fondo. Dominan as tonalidades vermellas ata tal punto que as figuras desdebúxanse. A obra foi presentada no concurso que  convocou a Facultade de Filosofía e Letras en 1973.

1973
Ramón Otero Pedrayo (vítor)
Vítor de Ramón Otero Pedrayo
Xurxo Martiño
1996

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago onde ocupou a cátedra de Xeografía ata 1958, ano no que se xubila. O seu vítor parte dun retrato seu de xuventude, pretendéndose quizais con isto remitirnos ao dun tempo anterior á Guerra Civil e, polo tanto, aos anos nos que a súa obra se moveu nuns maiores ámbitos de liberdade. O vítor en cuestión está asinado: X. Martiño- 1996 e conta co correspondente epígrafe. Fíxose no marco das celebracións do V Centenario da Universidade compostelá.

1996
Alfredo Brañas
Vítor de Alfredo Brañas
Francisco Luis López Carballo
ca 1956

O vítor de Alfredo Brañas (1859-1900),  obra do pintor Francisco Luis López Carballo,  tivo que ser realizado pouco despois de 1956. Neste caso o retrato non está incluído explicitamente nun medallón, pero a súa forma, en certo modo, suxíreo; leva a muceta vermella, propia do Dereito, así como a medalla de doutor. Seguindo o habitual, complétase a composición cunha ambientación. No fondo pode verse, recortado nun ceo azul,  un conxunto de arquitecturas e guindastres, así como uns hórreos, aludindo así a dúas caras do traballo de Galicia -unha vinculada ao mundo campesiño e a outra ao industrial, máis propio do mundo urbano-. Complétase cunha epígrafe.

Antonio Casares (vítor)
Vítor de Antonio Casares Rodríguez
Manuel Rodríguez
1889

É obra de Manuel Rodríguez, a datar en 1889. Presídeo unha Minerva sedente que está impoñendo unha coroa a un marmóreo busto clásico que nos mostra a Antonio Casares (1812-1888). Ante dito soporte está o escudo da Universidade. Diverso instrumental alude ao seu quefacer como químico e farmacéutico, así como en relación coa medicina. Tamén, ante a masa nebulosa sobre a que se asenta a deusa Minerva, pode verse unha barreta azul -alusiva aos seus estudos de Filosofía-. Todo o que está á dereita de Minerva representa a Universidade de Compostela. Móstrase tamén unha representación da Historia e un epígrafe.

1889
Domingo Fontán
Vítor de Domingo Fontán
Elvira Santiso García
ca 1940

Neste vítor o retrato do personaxe (1788-1866) evoca o que pode verse nun dos nove medallóns do Paraninfo. Neste caso, pártese da obra máis significativa deste catedrático: o primeiro mapa de Galicia que pode considerarse realizado con criterios científicos e que vale como fondo non só ao retrato, senón tamén á cartela que se dispón abaixo, inserida nunha cruz de Santiago. Un globo terráqueo, unha regra, un compás, libros, algún mapa…, todo isto disposto nunha base que ocupa a parte inferior desta obra e que completa a composición proposta por Elvira Santiso, a pintora asinante desta obra.

Eugenio Montero Ríos
Vítor de Eugenio Montero Ríos
Mariano Tito Vázquez
1901

Eugenio Montero Ríos (1832-1914) foi estudante e catedrático de Dereito Canónico en Santiago. Está recoñecido cun vítor nesta Universidade, probablemente cando foi designado Ministro de Graza e Xustiza (1871-1873); reutilizouse dedicándollo a Joaquín Díaz de Rábago. O actual é obra de Tito Vázquez e dátase en 1913. Conta cun retrato seu na parte alta e un largo epígrafe abaixo. Iníciase así un formato que, trala concreción do Paraninfo, van seguir outros vítores.

1901
Gumersindo Laverde Ruiz
Vítor de Gumersindo Laverde Ruiz
Elvira Santiso García
ca 1940

Laverde Ruiz naceu en Estrada, Santander (1835-1890) e desde os catro anos vivirá en Nueva, (Llanes), medrando nun ambiente tradicionalista. En 1876 trasládase a Santiago, á cátedra de Literatura Xeral e Española. Ao usar unha vieira, timbrando o retrato, relaciónase o personaxe dun xeito evidente con Compostela. Entre columnas, baixo o retrato, unha parella de figuras femininas aluden aos seus estudos: unha á Xurisprudencia e a outra a Filosofía e Letras. Tamén, neste caso, relaciónase o vítor con Elvira Santiso e dátase cara a 1940. Complétase cun longo epígrafe.

Jacobo Gil Villanueva
Vítor de Jacobo Gil Villanueva
Francisco Asorey
1923

Jacobo Gil Villanueva naceu e morreu en Compostela (1831-1906). En 1857 é catedrático de Dereito Civil da Universidade de Santiago; tamén será reitor (1890-1891, 1904-1906). O seu vítor é unha obra escultórica na que se suman un retrato, un sucinto encadre e unha epígrafe. Preséntase o personaxe en forma de busto, coa muceta negra, propia do reitor, lucindo a medalla. Polo que se refire ao rostro, parece seguirse unha imaxe súa correspondente a 1905. Apoia o seu brazo esquerdo nun libro cuxo lombo di: DE LOS CENSOS, referíndose ao seu libro “De los censos, según la legislación general de España”. Fíxoo Francisco Asorey en 1923 e está localizado na entrada do Paraninfo.

1923
Jimena e Elisa Fernández de la Vega
Vítor de Jimena e Elisa Fernández de la Vega
Xurxo Martiño
1995

O vítor en cuestión, encomendado con motivo do V Centenario da Universidade compostelá, resólvese dándolle o protagonismo a unha muller indefinida -está de perfil e apenas se distingue o seu rostro-  que se encontra sentada nunha cadeira,  portando nas súas mans unha fotografía na que poden verse as dúas irmás Fernández de la Vega,  Jimena (1895-1984) e Elisa (1895-1933), que culminan os seus estudos de Medicina en 1919 sendo as primeiras mulleres que rematan os seus estudos nesta universidade. O pintor parte para isto dunha fotografía cuxo contido simplifica, en obra datada en 1996.

1995
Joaquín Díaz de Rábago
Vítor de Joaquín Díaz de Rábago
Autoría descoñecida
pintura: ca 1871-1873 epígrafe: ca 1913

Neste caso, o vítor móstranos unha representación da Xustiza, sedente, acompañada de dous ignudi; tamén pode verse aquí un escudo da Universidade compostelá. Polo seu estilo cabe encadrar esta obra cara a 1870-1875, algo impropio se do que se trata é de render homenaxe a Joaquín Díaz de Rábago (1837-1860), personaxe ao que se alude no correspondente epígrafe. É moi probable que esteamos ante un vítor reaproveitado alá por 1913 e dedicado, inicialmente, a Eugenio Montero Ríos.

José Rodríguez Carracido
Vítor de José Rodríguez Carracido
Fernando Martín Marqués
ca 1920

José Rodríguez Carracido naceu en Santiago de Compostela (1856-1928), licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago (1874) e doutorouse na de Madrid (1875). Neste caso, o vítor divide o espazo en tres partes seguindo, en certa maneira, as pautas marcadas por Tito Vázquez no vítor que realiza de Montero Ríos en 1913. Vai introducir, como naquel, a súa imaxe nun medallón. Unha segunda parte está protagonizada polas dúas figuras sedentes, que se mostran coas cores propias dunha grisalla dispostas de costas e partindo dunha mesma base. Como terceira parte, unha epígrafe completa o espazo do vítor. Datada en 1916, é obra do pintor Fernando Martín Marqués.

varelademontes
Vítor de José Varela Montes
Elvira Santiso
1940

Este vítor dátase en 1940. É obra da pintora Elvira Santiso. Na súa composición cabe valorar tres partes: un retrato, unha ambientación complementaria e un epígrafe. No relativo ao retrato de Varela de Montes (1796-1868), está disposto na parte alta e media, nun marco ovalado rodeado de loureiro. Copia, nas súas formas, o realizado por Dionisio Fierros. Baixo o retrato pode verse unha disección anatómica que evoca a representada na propia Facultade de Medicina á que se fai, así, referencia, así como aos seus estudos, mostrando libros, apuntamentos e recipientes utilizados para a atención médica. O epígrafe disponse, como é común, na parte inferior.

1940
Juan Vázquez de Mella
Vítor de Juan Vázquez Mella
Juan Luis López García
1941

Juan Vázquez de Mella naceu en Cangas de Onís e estudou Dereito en Santiago (1861-1928). Neste caso, o vítor en cuestión utiliza un escudo vinculado ao personaxe. Disponse na parte alta, formando parte dunha arquitectura baixo a que se coloca o seu retrato. Xa na parte baixa hai dúas figuras femininas de carácter alegórico; recoñécense como a Elocuencia e a Patria. Complétase a composición cunha epígrafe. Juan Luis pinta esta obra en 1941.

1941
Luis Rodríguez de Viguri
Vítor de Luis Rodríguez de Viguri
Fernando Martín Marqués
1923

Rodríguez de Viguri naceu en Santiago (1881-1945). Cursou a licenciatura de Dereito en Santiago e doutorouse en Madrid. O seu vítor presenta tres partes. Na parte superior hai un frontón no que pode verse unha balanza, unha espada, un cetro e un libro aberto, alusivos ao Dereito, todo isto significando a Xustiza. Abaixo, aos lados, hai dúas cariátides. A da dereita leva un cetro relacionado co deus Mercurio, alusivo aos labores do corpo diplomático ao que pertence e entre ambas móstrase un retrato do persoeiro. Un epígrafe alusivo a Viguri cobre a zona inferior. É obra de Fernando Martín Marqués, de 1923.

1923
Manuel Casás
Vítor de Manuel Casás Fernández
Luis Quintáns Goyanes
1961

Manuel Casás naceu na Coruña (1867-1960). Estudou Dereito na Universidade de Santiago. Ingresou na Real Academia Galega en 1936, da que foi o seu presidente entre 1942 e 1960. O vítor co que se lle honra móstranos un retrato seu. Encádrao un marco que presenta o escudo da Universidade. Tamén poden verse os escudos da Real Academia Galega, orlado co seu lema -Colligit, Expurgat, Innovat- e o propio de Galicia. Como é habitual, na parte baixa preséntase o epígrafe alusivo ao personaxe.

É obra asinada por Luis Quintáns Goyanes, datada en 1961.

1961
vitorcabezaleonmartiño
Vítor de Salvador Cabeza de León
Xurxo Martiño
1995

Xurxo Martiño fai unha reinterpretación do vítor clásico dende a súa óptica contemporánea. Mantén a inscrición que fai relación dos méritos do homenaxeado pero, en vez de retratalo, utiliza unha fotografía del en branco e negro que centra a composición. Está presente o rigor xeométrico xa que o autor enmarca a fotografía sobre un fondo de dúas cores de tintas planas perfectamente delimitados creando formas rectangulares que se contrapoñen ao círculo ou esfera que vemos debaixo da fotografía, sempre seguindo esa linguaxe simplificadora característica do autor. Na parte inferior e sobre fondo negro lese a seguinte inscripción: "Ó INSIGNE D. SALVADOR CABEZA DE LEÓN (1854-1934),/ NATURAL DE BETANZOS. CATEDRÁTICO DE DEREITO/ INTERNACIONAL PÚBLICO E PRIVADO. DECANO DA/ FACULTADE DE DEREITO. ALCALDE DE SANTIAGO./ FUNDADOR DAS ACADEMIAS GALEGAS, &C, &C." Este e outros vítores foron encargados en 1995 a Xurxo Martiño continuando así a tradición universitaria de homenaxear personaxes relevantes da súa historia.

1995
vítor Toribio Mogrovejo
Vítor de Santo Toribio de Mogrovejo
Autoría descoñecida
ca 1850

Santo Toribio de Mogrovejo (1538-1606) recibiu o grao de licenciado en Canons en Santiago en 1568. A partir de 1767 conta cun retablo propio na igrexa dos xesuítas, hoxe da Universidade. O seu vítor dispúxose sobre a porta que enlaza co templo desde o claustro universitario. Un escudo de armas enaltecido por un dosel e os voos duns anxos, así como a mitra, o palio e o báculo, alusivos á condición de prelado e á escribanía e uns documentos relativos ao seu papel de escritor, completan a composición con longo epígrafe relativo á súa persoa. Garda afinidades con obras do pintor José Garabalo Louzao e outros vítores realizados arredor a 1850.

vitrina
Vitrina
377
397
398
399
400
401
402
403