Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Igrexa da Universidade ou da Compañía (49)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
anxo1
Anxo candeeiro 1
Miguel de Romay
1735
1735
anxo2
Anxo candeeiro 2
Miguel de Romay
1735
1735
apoteosesanignacio
Apoteose de San Ignacio de Loyola
Taller de Miguel de Romay
1727

Alto relevo que representa a apoteose de San Ignacio de Loyola. O fundador da Compañía de Xesús aparece axeonllado sobre nubes ante o crucificado, e entre eles unha cartela coa inscrición CERT. BON. CER ("certamen bonum certavi": combatín un bo combate). Tanto no pano da pureza do crucificado, coma nas roupaxes do santos, advírtese o pregado ríxido e anguloso; unha herdanza do quefacer de Gregorio Fernández recollida pola escola de Romay.

1727
cristoxacente
Busto de Cristo xacente
1701

Fragmento dunha escultura que representa a Cristo xacente, da cal só se conserva o busto sen brazos, xa que foi atacado polas termitas. Pertencía ao retablo da Sagrada Familia e estaba colocado nunha urna sobre a mesa do altar. Talla de gran realismo na representación dramática do rostro, a boca entreaberta cos dentes e a lingua moi minuciosa, asi como o sangue que percorre a súa cara.

1701
cadeiradocoro
Cadeirado de coro
Agustín Trasmonte, Juan Vázquez y Antonio Fernández
1801

Cadeirado de coro de estilo neoclásico. Componse de dúas filas de asentos, presentando só os da fileira superior relevos figurativos nos paneis dos respaldos. No relevo da cadeira principal represéntase unha escena da vida do Espírito Santo, e o resto de paneis representan os apóstolos.

1801
eccehomo
Ecce Homo
Autoría descoñecida
1701

Busto do Ecce Homo, coa coroa de espiñas, os brazos diante do peito e cos pulsos cruzados e atados. A cabeza, cara atrás e lixeiramente ladeada, centra toda a expresividade da peza, subliñada principalmente polo patetismo da mirada ao ceo e o aceno da boca entreaberta. O tratamento do cabelo é un dos expoñentes da calidade desta peza.

1701
espiritosanto
Espírito Santo

Arco de medio punto dividido en tres rúas, na central aparece representada a figura do Espirito Santo que aparece representado en forma de pomba. Nas rúas laterais sitúanse dous anxos.

estudante1
Estudante 1
Autoría descoñecida
1772

Escultura de estudante vestido coa característica toga.

1772
estudante2
Estudante 2
Autoría desconocida
1772

Escultura de estudante vestido coa característica toga.

1772
josefaloureiros
Josefa Mena Valdecillo, señora de Loureiros
1652

Escultura funeraria do sepulcro dos Loureiros, que representa a Josefa Mena Valdecillo, dona do fundador Juan López Loureiros. Trátase dunha estatua orante, axeonllada e en actitude de rezo, feita en granito policromado, e cunha factura de baixa calidade, decididamente pobre e tosca.

1652
juanloureiros
Juan López Loureiros
1652

Estatua orante de don Juan López Loureiros, fundador da capela da Sagrada Familia, onde se localiza o seu sepulcro. A escultura en granito policromado, constrúese a partir de grandes pezas talladas, que acentúan o seu carácter pechado e de bloque. Sorprende a escasa calidade destas pezas, en contraposición coa categoría que os fundadores quixeron dar á capela, solicitando a profesionalidade de Peña de Toro para a súa autoría.

1652
nenoxesus
Neno Xesús
1701

Escultura que representa o Neno Xesús portando a bóla do mundo. Orixinariamente estaba espido pero posteriormente vestiuse, polo que se lle rebaixaron a cintura e as cadeiras quedando nesta parte a madeira á vista.

1701
organo
Órgano
Manuel Sanz / Agustín Trasmonte
1802

O órgano da Igrexa da Universidade foi cons­truído entre 1800 e 1802 polo mestre organeiro compostelán Manuel Sanz, para o Colexio de Capeláns de Sancti Spiritus, que celebraba entón os seus cultos no tem­plo. A caixa e o antepeito foi executada por Agustín Trasmonte e o pintado por Manuel de Porto.

Situado no coro alto da igrexa, no lado esquerdo, o órgano é de tipo polifónico con teclado único de xanela, e desta­ca polos seus vinte e catro xogos, que inclúen os frautados, címbalas, cornetas, trompetas reais ou claríns, entre outros. Se ben construído a comezos do século XIX, continúa a representar as característi­cas propias do órgano barroco español. Destaca, pola súa espectacularidade, a trompetería de fa­chada ou de batalla, cos seus tubos horizontais. É esta unha característica exclusiva do órgano ibé­rico, como tamén o é o denominado teclado par­tido que posúe este órgano e que permite, cun só teclado, combinar rexistros (e polo tanto sonoridades) diferentes, un rexistro da metade do teclado cara as notas máis agudas (para a man dereita) e outro cara as notas máis graves (para a man esquerda). Foi restaurado polo taller de organería de Gerhard Grenzing en 1998.

1802
paieterno
Pai Eterno
Taller de Miguel de Romay
1727

Relevo situado na cornixa que a modo de dosel remata o retablo maior da igrexa, proxectándose cara o presbiterio. Representa o Pai Eterno que de medio corpo aparece entre nubes caracoleantes. Na man esquerda sostén un globo terráqueo rematado nunha cruz, mentres bendice coa dereita. Recórrese ao arquetipo do ancián barbado e coróase cunha aureola que adopta a simbólica forma do triángulo equilátero.

1727
piedade
Piedade
Atribuído a Andrés Ignacio Mariño
1730

Escultura que representa a Piedade: a Virxe María de xeonllos con Cristo recollido nos seus brazos. O rostro de María é tenso e expresivo. O corpo de Cristo exténdese horizontalmente sobre a base da escultura, suavizando o predominio da diagonal dos modelos de Gregorio Fernández, procurando a mellor visibilidade do espido, tallado con virtuosismo, neste primeiro plano privilexiado do retablo.

1730
retabloborja
Retablo de San Francisco de Borja
Simón Rodríguez (traza) / Luis Parcero (execución)
1735

Sitúase na capela do lado sur inmediata ao cruceiro. Retablo composto de zócalo pétreo, predela, único corpo e tres rúas, separadas por pilastras e o ático. As tres rúas conteñen fornelas que acubillan a San Francisco de Borja e aos lados, orixinariamente, San Estanislao de Kostka e San Francisco de Reigs, actualmente este último foi substituído por San Xosé. O corpo dividido por catro columnas de orden toscano e de notorio éntase , dividen as tres rúas, a central mais grande. As columnas decoradas con guirnaldas de froitas e teas colgantes, no entabulamento os típicos mutilos en forma de asa, enmarcando os tres fornelos. O ático dividido en tres partes por pilastras cubertas por alongadas placas que se superpoñen, intercalando cabezas de anxos e creando planos cada vez máis saíntes. A rúa central adiántase, destacándose plástica e luminicamente. O anagrama de Maria e Xesús no centro rodeado de raios e follas de acanto enroscadas. Os escudos dos Borja nas rúas laterais.

1735
retablofranciscoxavier
Retablo de San Francisco Xavier
Domingo de Andrade (atribución da traza)
1700

A estrutura é idéntica á do retablo adicado a San Ignacio de Loyola, que lle fai fronte no outro lado do cruceiro. Adóptase a solución, vixente dende finais do século XVII na retablística española, dun corpo único sobre bancal ou predela e ramatado en ático. Este corpo principal articúlase mediante catro columnas salomónicas de orde xigante e asentadas sobre enormes mensulóns, quedando así dividido en tres rúas, a central maior. Nas rúas laterais superpóñense dous fornelos, pouco profundos, e na central, un gran oco de medio punto acubilla a imaxe de San Francisco Xavier. O ático está presidido polo lenzo da Visión da Storta; nel repítense as columnas salomónicas, logo unha orde de machóns e a continuación arcobotantes avolutados rematando o enmarque. No bancal, e coincidindo coa rúa central do corpo principal, un oco acolle a imaxe de San Francisco Xavier xacente. A ornamentación, exuberante e recargada, emprega unha gran variedade de motivos como festóns, tarxetas e follas de vide, motivos xeométricos, cintas, etc.

1700
retablosanignacio
Retablo de San Ignacio de Loyola
Domingo de Andrade (atribución da traza); Arturo Alfonsín e Jerónimo Patiño (ensambladores)
1700

Segundo as tendencias vixentes na retablística española desde o último terzo do século XVII, Andrade, presumible autor da traza, deseña un retablo dun só corpo articulado por columnas salomónicas de cinco voltas e orde xigante, asentado sobre un bancal e coroado por un ático de remate semicircular. As columnas, sobre grandes e recargados mensulóns, xeran unha división en tres rúas, a central máis ancha, con fornelos superpostos e de escasa profundidade nos laterais e un amplo oco no centro para colocar a imaxe do santo titular. Sobre o entabulamento, movido segundo a disposición dos soportes, eríxese o ático, no que se dispón a táboa da Virxe da Strada, quedando esta estrutura enmarcada por volutas conformadas por elementos vexetais, machóns e columnas salomónicas, que por ambos lados avanzan nunha disposición escalonada. A profusa decoración completa o conxunto, con elementos xeométricos, avolutados e curvilíneos, vexetais, con sartas de froitas, follaxe, e outros motivos característicos da exuberancia barroca, como os festóns, as tarxetas ou os pomposos espellos enmarcados por fastuosas orladuras. Este retablo, xunto co de San Francisco Xabier, situado no extremo oposto do brazo do transepto, comparten autoría, así como pautas de organización e ornamentación.

1700
retablogonzaga
Retablo de San Luís Gonzaga
Simón Rodríguez (intervén na traza)
1701

Retablo composto de zócalo pétreo, único corpo de tres rúas, separadas por pilastras e ático. As tres rúas conteñen fornelas que acubillan, na actualidade, a San Xoán Bautista no centro e a San Francisco de Sales e San Carlos Borromeo nos lados. O único corpo arranca directamente dende o pedestal, sen predela. As rúas divididas por catro columnas con decoración de froitas e teas. A rúa central é mais alta e con cornixa escalonada para colocar os atributos do marqués de Castiglione, título ao que renunciou o santo. Na fornela central máis grande, decorada con nove espellos colocados no intradós do arco e outros nove no fondo da fornela, como recurso escenografico e efectos de luz, característico do barroco. Baixo a fornela central, como peculiaridade, colócase o grupo da Piedade nunha urna. No ático reitera motivos relacionados coa Compañía de Xesús: un corazón de Xesús rodeado de raios sobre a placa central, o anagrama de María en medio da cornixa e varias cabezas de anxos, incorporándose desde distintos planos.

1701
retablonepomuceno
Retablo de San Xoán Nepomuceno
Manuel de Leis
1751

É unha réplica do de Santo Toribio, tanto desde un punto de vista estrutural coma decorativo. A súa imaxinería corresponde co obradoiro de Andrés Ignacio Mariño. Ademais do santo titular, nos panos laterais sitúanse dous santos mártires no Xapón: San Juan Goto e San Pablo Miki. Como no caso do retablo de Santo Toribio, a imaxe da Virxe, no ático, neste caso baixo a advocación da Virxe da Portería.

1751
retablomogrovejo
Retablo de Santo Toribio de Mogrovejo
Manuel de Leis
1747

Retablo composto de alto zócalo pétreo, predela, único corpo de 3 rúas separadas por pilastras e o ático. As tres rúas conteñen fornelas que acubillan a Santo Toribio de Mogrovejo no centro e dous santos estudantes a dereita e esquerda. No ático, a Virxe da Portería devoción mariana difundida durante o século XVIII. O retablo foi policromado e dourado en 1751.

1747
carlosborromeo
San Carlos Borromeo
Atribuido a Andrés Ignacio Mariño
1701

Escultura do Cardeal Arcebispo de Milán. Imaxe coidadosamente tallada, especialmente nos encaixes do roquete que resalta sobre o violeta do hábito prelaticio.

1701
diegokisai
San Diego de Kisai

Talla en madeira policromada e dourada, representa un xesuíta con túnica negra e rosario atado á cintura. Foi un dos xesuítas martirizados en Xapón (xunto a San Xoán Goto e San Paulo Miki).

estanislaokotska
San Estanislao de Kostka
1701

Escultura que representa o xesuíta novicio, morto aos dezaoito anos. Viste sotana e ás veces manteo e represéntase sempre novo e inberbe. Leva o Neno Xesús nos brazos. No transcurso dunha aparición da Virxe co neno, a Señora suxeriulle que ingresase na Compañía de Xesús, o cal puido facer despois de vencer moitas dificultades, grazas a San Francisco de Borja, entón xeneral da orden. É o santo protector de Polonia.

1701
borja
San Francisco de Borja
Escuela Vallisoletana - Taller de Gregorio Fernández
1601

Escultura que representa a San Francisco de Borja, terceiro xeneral dos xesuítas; viste hábito negro composto de sotana e amplo manteo. Na man esquerda porta o libro sobre o que repousa a cabeza desfigurada e cadavérica da emperatriz Isabel (a súa contemplación foi o alento da vocación relixiosa do santo), plasmada cun arrepiante naturalismo. Atribúese á escola vallisoletana de Gregorio Fernández.

1601
franciscosales
San Francisco de Sales
Atribuído a Andrés Ignacio Mariño
1701

Bispo de Xenebra. Imaxe coidadosamente tallada, especialmente nos encaixes do roquete que resaltan sobre o encarnado do hábito prelaticio.

1701
franciscoxavier
San Francisco Xavier
1701

Escultura que representa un xesuíta co habito caracteristíco. Leva unha cruz na man esquerda.

1701
franciscoxavier
San Francisco Xavier
Escuela vallisoletana - taller de Gregorio Fernández
1621

Escultura que representa a San Francisco Xavier coas vestiduras xesuíticas, hábito negro composto de sotana e amplio manteo, que na súa parte inferior presenta profundos pregos, que orixinan contrastes lumínicos. Co brazo dereito levantado sostén unha cruz, mentras que na man esquerda porta un bordón de peregrino (anteriormente portaba unhas azucenas de prata). O tratamento do hábito, así como a disposición da figura co pé esquerdo adiantado, creando unha composición diagonal nos planos máis saíntes, remítenos ao obradoiro de Gregorio Fernández. Presenta un magnifico rostro, intenso, do que brotan as enrugas, comisuras e partes óseas do blando modelado e suave carnación mate, que fai oscura na zona da barba rasurada, conseguindo extraordinarios efectos naturalistas, as receitas do obradoiro resultan así mesmo patentes, tanto nos bucles soltos do floco coma no corte horizontal e recto do cabelo sobre as orellas ou a profunda hendidura tallada pouco antes de iniciarse o curuto da tonsura, para incrustar alí a diadema radial.

1621
franciscoxavierxacente
San Francisco Xavier xacente
Obradoiro de Miguel de Romay
1701

Escultura xacente de San Francisco Xavier, titular do retablo. O santo aparece vestido coa túnica da orde e coas mans contra o peito, sostendo o crucifixo que san Ignacio lle dera. O oco no que se dispón a figura recóbrese coa representación pictórica do lugar e a paisaxe na que tivo lugar a morte do xesuíta.

1701
sanfroilan
San Froilán (?)

Escultura en madeira policromada que representa a un santo que pola súa iconografía puidera ser San Froilán, con túnica, roquete e muceta, ademais da mitra de bispo. Otero Túñez identifícao como San Nicolás, patrono da Universidade.

luisgonzaga
San Luís Gonzaga
1701

Foi Marqués de Castiglione, título ao que renunciou o santo. Coa mirada cara o alto e a man dereita sobre o corazón, o xesuíta expresa a súa total entrega á divinidade; a outra man, desaparecida, sostiña unha cruz. Viste manto cunha orla pintada e sotana cinguida mediante cinturón; é unha novidade o rosario que colga desde o cinturón.

1701
luisgonzaga
San Luís Gonzaga
Atribuído a Pedro Taboada (entallador)
1652

Escultura en madeira policromada de tamaño natural de San Luís Gonzaga (1568-1591), xesuíta novo, morto aos vinte e dous anos de idade. Leva unha cruz na man dereita e na esquerda probablemente levaría unha azucena símbolo da pureza. Represéntase normalmente vestido de sotana negra e sobrepelliz. Pertencía ao antigo retablo barroco da capela da Sagrada Familia, na Igrexa da Universidade, substituído cara a 1880 por outro de liñas neoclásicas.

1652
paulomiki
San Paulo Miki
Obradoiro de Andrés Ignacio Mariño

Escultura do mozo xesuíta xaponés (con rasgos raciais do rostro), martirizado no país nipón en 1597. Leva unha cruz nunha man e a palma do martirio na outra (desaparecida), nas costas vénselle as frechas do martirio.

xoanbautista
San Xoán Bautista
Benito Silveira
1735

Nesta escultura, o autor (Benito Silveira. San Xoán de Cabaleiros ? - Santiago, ca 1800) mostra a iconografía habitual de San Xoán Bautista: de pé, apoiado cunha prenda de pel de camelo cinguida cun cinturón de coiro, que deixa ver o seu torso espido. Aparece apoiado sobre o tronco dunha árbore, do que sae unha rama na que se apoia un libro que serve de peana ao año, atributo habitual que acompaña ao santo, ao cal dirixe a súa mirada e agarima cunha man, dando a sensación de que establecen un diálogo entrambos. Nesta obra de excepcónal calidade técnica, o artista demostra gran habelenza e coñecemento técnico no tratamento da policromía e da talla do cabelo e da pel, así coma polo tratamento naturalista das faccións. Procedente da Igrexa da Compañía, pasou a propiedade da Universidade pola Pragmática de Carlos III

1735
xoangoto
San Xoán Goto
Obradoiro de Andrés Ignacio Mariño
1701

San Xoán Goto, xesuíta xaponés -rasgos raciais do rostro- mártir en Xapón no 1597, leva o topónimo da illa onde naceu no seu nome. Leva a cruz e a palma do martirio na man, así como as frechas do seu martirio nas costas.

1701
sanxose
San Xosé
Autoría desconocida
1701

Escultura que responde ao modelo de Gregorio Fernández, que ten un fecundo desenvolvemento en Galicia entre Mateo Prado e Miguel Romay. O santo calza botas e viste túnica, aberta ata a metade do peito, e manto volandeiro despregado cara a dereita. Portaba a vara florida dos seus esponsais, de acordo cos relatos dos evanxeos apócrifos; agora fáltalle. Tamén lle falta o neno acompañante, de pé ao seu lado, cara quen se inclinaba o patriarca acolléndoo. O neno foi roubado e desintegrouse así o esquema compositivo do grupo, en perfecta e suxestiva diagonal barroca. Subsiste a magnífica policromía, estofada en ouros, vermellos e azuís, con tal suavidade de tons e matices, que fan da obra unha auténtica sinfonía cromática.

1701
santatereixa
Santa Teresa
Obradoiro de Miguel de Romay
1701

Escultura que representa a Santa Teresa de Xesús.

1701
santateresa
Santa Teresa

Escultura en madeira policromada que representa a Santa Teresa de Xesús vestida co hábito de Carmelita e en actitude mística. Descalza, lleva na man dereita un libro e a outra elevada cara o ceo.

santoantonio
Santo Antonio de Padua
Atribuido a Pedro Taboada (entallador)
1635

Santo Antonio como mozo franciscano, imberbe, co hábito e tonsura monacal, sostén o neno Xesús que, espido e cos brazos en alto, se ergue apoiándose no saial do santo. Establécese así entrambos personaxes unha relación próxima e amable, que tenta subliñarse a través do xiro do corpo de Santo Antonio. Estilisticamente cabe salientar a dozura e o tratamento refinado que se aplica á escena, a través do alongamento do canon, os difuminados rasgos faciais, e un perfil das arestas dos pregos lixeiramente redondeado. Esta peza formaba parte do retablo barroco que foi substituído cara 1880 por outro de liñas neoclásicas. A peza pertencía á Compañía de Xesús e pola Pragmática de Carlos III pasou a ser propiedade da Universidade.

1635
santoantoniopadua
Santo Antonio de Padua
Taller de Miguel de Romay
1669

Escultura en madeira policromada que representa a Santo Antonio de Padua como un mozo franciscano imberbe con hábito e tonsura monacal que sostén con ambas mans o Neno Xesús, representado espido e cos brazos en alto sobre un saial. 

1669
toribiomogrovejo
Santo Toribio de Mogrovejo
Autoría descoñecida
1727

Escultura que representa a Santo Toribio de Mogrovejo, prelado español a quen Felipe II enviou a Lima, cidade onde exerceu o cargo de arcebispo. O seu culto está estendido en toda Latinoamérica. A festa é o 23 de marzo. Viste indumentaria arcebispal: capa, mitra e sagrado palio. Preside o retablo lateral esquerdo da Igrexa. A relación de Santo Toribio coa Universidade compostelá é pola súa formación na mesma, onde se licenciou en Cánones en 1568. Segundo Monterroso Montero, a talla foi realizada dúas décadas antes que o retablo. Estas circunstancias xustifican as diferenzas estilistícas: mentres o retablo presenta formulacións tardobarrocas e rococós, a imaxe de Santo Toribio presenta aínda un vocabulario seiscentista, evidente na factura da cabeza e dos brazos. Esta imaxe, igual ca outra do Mosterio de San Martiño Pinario, presenta a singularidade da iconografía de colexial. Inscrición na peana: "S TORIBIO ALFOSO MOGROUEJO"

1727
sepulcroloureiros
Sepulcro de Loureiros
José Peña de Toro
1662

Sepulcro que pertence á capela da Sagrada Familia. A capela feita por Peña de Toro servirá de sepultura a don Juan López Loureiros e a súa dona Josefa Valdecillo. Seguindo as características arquitectónicas do conxunto, adopta a forma de arco de triunfo, que acubilla no seu nicho as estatuas orantes dos fundadores. Epígrafe en latín: "J H S. SANCTISSIMAE TRIADI, OPTIMIS POST DEUM ET MAXIMIS NUMINIBUS, JESU, MARIAE, JOSEPHO"

1662
sepulcroarcebispoblanco
Sepulcro do Arcebispo Blanco
Mateo López / Pedro Fernández (atribución escultura)
1583

Sepulcro do arcebispo Francisco Blanco, situado no testeiro alto da igrexa da Universidade. Concibido como un retablo, o seu esquema compositivo recorda os sepulcros da capela maior do Escorial. Está constituído por catro grandes columnas, que enmarcan o nicho coa estatua orante do prelado, cun entaboamento que serve de asento ao grand escudo, tamén entre columnas, acollido por un frontón triangular. O emprego de caliza de Coimbra (Pedra de Ança), pola súa brandura e maleabilidade, permite nas esculturas, sobre todo na figura do prelado, unha maior recreación nos detalles ornamentais e un exacerbado naturalismo nos rasgos do rostro e nas mans. Inscrición: "D. FRANCISCO BLANCO LEGIONENSI, AB UNA COMMENDATIONE/ VIRTUTIS, AD AURIENSEM PRIMO,/ TUM AD MALACENSEM EPISCOPATUM/ POSTREMO AD COMPOST. EVECTO-VIRO PIETATE,/ CONSILIO, DOCTRINA, VIGILANTIA, INCOMPARABILI-/ THEOLOGIAE QUONDAM PRAESIDI-ORBORUM AC PAUPERUM/ PARENTI-COLLEGIORUM SOCIETATIS IESU MALAC./ ET COMPOST./ ET IN AURIENSI COMPOSTELLANAQUE/ URBE, GRATUITI HOSPITII FUNDATORI MUNIFICENTISSIMO-/ AMICI CLIENTESQUE MOEST. P. P. - VIXIT/ ANNOS LXIX, MENSES III, DIES XXVI, OBIIT SEXTO/ KALEND. MAII, ANNO DOMINI M D L X X X I ."

1583
taboasantaisabel
Táboa de Santa Isabel
Atribuido a Diego de Sande
1703

Relevo en madeira dourada e policromada que representa a escena da Visitación. Maria embarazada visita a súa prima Isabel que tamén está embarazada do que será Xoán o Bautista. As dúas figuras femininas abrázanse mentres san Xosé saúda levando a man ao sombreiro. Contrasta a tersura do rostro de María co rostro avellentado de Isabel. A paisaxe e parte da casa que serven de fondo ao relevo foron restaurados por Francisco del Río cara1950 con motivo das obras de restauración que se fixeron no templo.

1703
asuncion
Virxe da Asunción
Taller de Miguel de Romay
1727

Escultura de vulto redondo que representa a Asunción da Virxe Maria. Sobre unha gran esfera e un trono de nubes caracoleantes, elévase a Virxe, cos brazos abertos, creando así unha interesante diagonal. Viste túnica branca e manto azul salpicado de estrelas, disposto ao redor da Virxe cun perfil anguloso e quebrado.

1727
virxeguadalupe
Virxe de Guadalupe
1701

Virxe de culto en México, aquí está en posición orante, de pé. Vestida cun manto azul e a túnica encarnada decorada con froreciñas douradas. Está situada no ático e repousa sobre unha media lúa.

1701
storta
Visión da Storta
Atribuído a Juan Antonio García de Bouzas
1707

Unha das visións místicas de San Ignacio de Loyola remata o ático do retablo adicado a San Francisco Xavier. O santo fundador, axeonllado, contempla como o Cristo portando a cruz avanza cara el, e entrambas figuras esténdese a inscripción: EGO VOBIS ROMAE PROPITUS ERO ("Eu axudareivos en Roma"). Nun dourado plano superior, Deus Pai e o Espíritu Santo en forma de pomba, entre nubes e cabezas de anxos. A obra vincúlase ao quefacer do pintor barroco Antonio García de Bouzas.

1707
xesuita
Xesuíta
1701

Escultura en madeira tallada e policromada que representa un xesuíta sen determinar o seu nome.

1701
xesuitaconbonete
Xesuíta con bonete

Escultura de xesuíta con bonete de catro picos, usado polo clero e na vida académica, e hábito da orde con manteo.

404
397
398
399
400
401
402
403