Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Arqueoloxía
    Biblioteca América
    Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Pazo Montenegro Vicerreitoría (12)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Edificio CIQUS: 1
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 85
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 367
Colexio de San Xerome Reitoría: 165
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 6
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 54
Casa da Cuncha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 189
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
borde
Borde
Álvaro Negro Romero
1997

Obra encaixada nas novas abstraccións, presenta liñas horizontais en cor negra sobre un lenzo sen preparación.

1997
seriecaruncho
Caruncho 7-12
Luis Caruncho Amat
2000

Dentro das súas últimas composicións, atópase este acrílico de Caruncho, unha obra completamente abstracta que se sustenta en base a dous principios: cor e xeometría, débeda da súa vinculación con propostas suprematistas e construtivistas. Neste caso estamos diante dunha serie de seis cadros que unidos forman unha composición; tódalas repiten o mesmo esquema: a superficie pictórica está dividida en tres franxas de cor horizontais e paralelas na que se xoga con distintas tonalidades de azuis, laranxas, amarelos... Sobre estas bandas trázanse unhas liñas en branco e gris que fragmentan a obra xerando planos xeométricos, fracturas e unha enorme tensión á obra, creando a sensación de que se trata dun puzzle.

Correspóndese co cartapacio “Vidreiras para Compostela”, serie limitada integrada por seis pezas gráficas de Luís Caruncho acompañadas por cadanseu poema de Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Xulio Valcárcel.

2000
mariña1
Marina 1
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo dunha paisaxe en cor sepia, o papel de tonalidade amarelado, Representa unhas rohas e vexetación no lateral esquerdo, reflíctense as rochas na auga con efectos de transparencia moi logrados.

1802
mariña2
Marina 2
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Paisaxe mariña en cor sepia. Representa unha montaña á dereita e vexetación ao redor, o ceo difuminado. Trátase dun bosquexo.

1802
mariña3
Marina 3
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo de paisaxe en cor sepia que representa unha mariña con vexetación e arbustos.

1802
mariña4
Marina 4
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo de paisaxe en cor sepia, trazos suaves moi esvaídos, a auga en primeiro termo e a vexetación reforzada con trazos verticais máis marcados. Montañas no primeiro termo e no fondo.

1802
mariña5
Marina 5
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo de paisaxe en cor sepia. Representación de montañas no lateral esquerdo, cos trazos máis marcados que contrasta con baleiro do lateral dereito. A auga do primer termo e o ceo difuminado como protagonistas da composición.

1802
mariña6
Marina 6
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo de paisaxe en cor sepia que representa as beiras do mar, en primeiro termo a auga, en segundo a vexetación con trazos máis marcados e ao fondo o ceo difuminado. A representación vai decrecendo desde o lateral esquerdo ao dereito.

1802
muralestucado
Mural / zócalo
1802

Decoración dunha parede, imitando a mármore. Presenta algunhas fallas de policromía. Aprézanse cores grises e dúas franxas acoutando o marmoreado en tons ocres.

1802
naturezamorta
Natureza morta

Pintura mural que representa unhas pezas de caza penduradas das patas, ao redor hai un reberete de motivos vexetais xeométricos. O motivo decorativo continuaria en toda a parede pero perdeuse.

tomelugo
Sen título
Xosé Miguel Tomé

A obra de Tomé móvese nunha liña entre a abstracción e o expresionismo. Neste caso, atopámonos cunha obra abstracta, na que o autor cobre toda a superficie do lenzo a base dunha sucesión de franxas verticais de cores escuras, basicamente negros e marróns. Realiza unha composición simétrica, xa que unha franxa máis estreita de cor laranxa divide en dous a superficie pictórica. É unha pintura de mancha, matérica, na que a paleta cromática tan escura e con tanta forza da cor negra vincúlase co estilo neoexpresionista do autor.

muradolugo
Sen título
Antonio Murado López
2002

Obra abstracta cunha gama cromática de ocres, brancos, negros e grises, que se combinan e funden suavemente, resultando unha composición de difuminada nebulosa. Antonio Murado plasma a sensación do etéreo do espazo. Interésalle a calidade formal da obra que traballa mediante a técnica.

2002
397
397
398
399
400
401
402
403