Presentación
Benvidas e benvidos ao Museo Virtual da USC.
A Universidade de Santiago de Compostela leva máis de cincocentos anos servindo ao saber desde Galicia. Ao longo destes cinco séculos, as persoas que a viviron e quixeron outorgáronlle un senlleiro e variado patrimonio moble e inmoble.
Este Museo Virtual pretende achegar a quen o visite algúns deses testemuños patrimoniais de indubidable valor histórico e significación artística. Móstraos e descríbeos para que, dalgún xeito, coñezamos mellor a Minerva Compostelá.
É un proxecto aberto, en evolución e que irá ampliando progresivamente os seus contidos.
Navegación
Podes acceder aos bens a través de diferentes epígrafes:
1.- O apartado “Coleccións” recolle, do total de preto de mil bens inventariados, unha selección de cen pezas singulares reunidas nos bloques “Contemporánea”, “Espazos”, “Retratos” e “Vítores”.
2.- A través do apartado ”Itinerarios” pódense visitar conxuntos de bens agrupados segundo algunha relación temática. Os itinerarios poderán ir variando co tempo.
3.- No apartado “Localización” poderás ver as pezas inventariadas segundo a súa localización por edificios da universidade.
4.- O apartado “Explora” é unha ferramenta de busca que permite acceder á totalidade dos bens inventariados, realizando procuras por título, autoría, data ou localización.
5.- Tamén podes crear o teu propio museo facendo clic na icona de corazón en cada obra (na icona de ferramentas, debaixo de cada imaxe). Ao seleccionar unha obra, aparecerá no apartado “O meu museo”, no menú principal. Para crear esta sección, primeiro terás que obter unha clave.
Créditos
Textos: José Manuel García Iglesias
Imaxes: Fuco Reyes, Santiago Alvite
Deseño: uqui.net
Co patrocinio de: