Mapa de Galicia

Francisco Lloréns Díaz

Mapa de Galicia, realizado para o Pavillón de Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla en 1929. O mapa debúxase nun pergameo desenrolado, ao redor do cal aparecen distintos motivos alusivos a Galicia: un home e unha muller con vestidos tradicionais, versos do poeta Ramón Cabanillas e o apóstolo Santiago a cabalo sobre o escudo de Galicia inscrito nunha vieira, na parte inferior, e na superior o mar sucado por grandes naves de distintas épocas que, entre outras cousas, inciden no contínuo vínculo entre Galicia e América; as máis antigas sitúanse en primeiro termo e as máis modernas, reflexo do progreso e da era industrial, ao fondo, están flanqueando o motivo do sol nacente.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000110
Autoría: Francisco Lloréns Díaz
Título: Mapa de Galicia
Temas: 
Cartográfico
Data: 1929
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 245 cm Longo: 193 cm
Materiais: 
Lenzo