Mariñeiro

Francisco Creo Rodríguez

Ao longo da produción da obra de Francisco Creo, a temática vinculada á representación de traballos característicos da súa terra é habitual. Neste gravado, o protagonista é un mariñeiro na barca suxeitando o que parece ser un aparello de pesca coas mans. Gran debuxante, perfila con trazo negro a silueta da figura e da barca, e aplica a cor a base de grandes manchas; as tonalidades son cálidas a base de ocres e azuis que contrasta co negro da barca. Asinado no lado dereito. No lado esquerdo, o número de tirada: 115/195.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000839
Autoría: Francisco Creo Rodríguez
Título: Mariñeiro
Temas: 
Mariña
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 44 cm (23 cm) Longo: 50 cm (29 cm) Profundidade: 2 cm
Materiais: 
Papel