Luís Porteiro Garea (1889-1918), profesor de Dereito Civil, vincúlase coa creación das Irmandades da Fala (1916). El foi o primeiro que utilizou o idioma galego nun acto realizado no Paraninfo universitario, no ano 1915. Conta cun vítor na Facultade de Dereito, realizado en 2016 -en conmemoración do centenario das Irmandades da Fala- pola escultora Soledad Penalta, quen acompaña o retrato de Porteiro coa súa palabra, así como cunha epígrafe na súa base.