Figuras
Alexandro
Esta obra deste artista ourensán está dentro da figuración e da abstracción; é figurativa porque baixo unha aparente contorna caótica, intúese unha forma que podería recordar a da un animal. Sen embargo, a pincelada caótica, a contorna indefinida dan á obra unha apariencia máis abstracta. É característica do pintor o colocar unha figura a soas nun lugar, unha imaxe difusa de cores escuras que denota unha contención que se contrapón co carácter visceral e temperamental da súa pintura. Enmarcado con cristal. Asinado no a.i.e.: "21-1-82/ Alexandro"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000312
Título:
Figuras
Temas:
Abstracto
Data:
1982
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 100 cm Longo: 70,5 cm Fondo: 3,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Cuncha