Flores

Rafael Alonso Fernández

Amosa Alonso Fernández as súas magníficas dotes como acuarelista. Ampla e solta pincelada, que en ocasións deixa entrever o fondo, nunha composición cargada e plena de variados motivos florais, un tanto barroquizante neste senso, pero de formas sinxelas e sobrias. Comprado á galería Citania no 1981. Asinado no a.i.d: "Rafael Alonso 72"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000243
Autoría: Rafael Alonso Fernández
Título: Flores
Temas: 
Natureza morta
Data: 1972
Técnicas: 
Acuarela
Dimensións: 
Alto: 96,3 cm Longo: 76,5 cm Ancho: 3,5 cm (con marco) Alto: 74,5 cm Longo: 54,2 cm
Materiais: 
Papel