José Antonio Souto Paz

Manuel Aramburu Núñez
José Manuel García Iglesias

Este retrato de José Antonio Souto Paz pecha a serie que, sendo el decano, lle encarga ao pintor pontevedrés Aramburu, con motivo do traslado da facultade a un edificio de nova planta en 1978, Aramburu levará a cabo dez deles, entre outros o do propio Souto. O pintor utiliza fondos dun intenso azul, habituais no seu modo de facer. En todo caso, cada retrato obedece a unha serie de condiciones que se seguen logo e que se manterán ao longo de toda a serie, en tempos seguintes; móstranse en forma de busto, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, buscando unha aproximación, no rostro, á identidade do personaxe representado.

Souto Paz doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade de Santo Tomé de Aquino de Roma en 1961 e pola Universidad de Navarra en 1967. Tras a súa etapa compostelá como catedrático de Dereito Canónico, entre 1972 e 1982, trasládase á Universidad Nacional de Educación a Distancia, onde está entre 1982 e 1992 -tamén aquí foi decano- e, máis tarde, á Universidad Complutense. Na súa estadía compostelá foi decano da Facultade desde 1975 ata 1979 e alcalde de Compostela entre 1979 e 1981. Entre 1989 e 1993 foi deputado no Congreso, na IV Lexislatura, pola provincia da Coruña (C. Presas Barrosa, 1974, p. 248; J. R. Polo Sabau, 2017, p. 347-352).

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.

J. R. Polo Sabau, 2017: J. R. Polo Sabau, “Necrológica del profesor José Antonio Souto Paz”, en Foro, Nueva época, XX, 2, (2017), pp. 347-352.

C. Presas Barrosa, 1974: C. Presas Barrosa, “Souto Paz, José Antonio”, en Gran Enciclopedia Gallega, XXVIII, 1974, p. 248.

 

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000427
Autoría: Manuel Aramburu Núñez
Título: José Antonio Souto Paz
Temas: 
Retrato
Masculino
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 73 cm Ancho: 62 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Dereito