Pedro Barrié de la Maza

Luis Quintas Goyanes

Baseándose na influencia que a fotografía introduciu na pintura, Quintas Goyanes leva a cabo un retrato no que se ve esa influencia e dependencia entre os dous xéneros. Tecnicamente é unha obra que denota a importancia do debuxo; gran verismo e detallismo visible nas faccións do rostro e na vestimenta. Presenta o coñecido banqueiro Pedro Barrié de la Maza nunha estancia; o personaxe está posando, vai vestido coa toga e bonete vermello, propio dos estudos de Dereito e Económicas, e porta a medalla peitoral co escudo da USC. Trátase, polo tanto, dun retrato feito con motivo do seu investimento nesta Universidade como doutor Honoris Causa. No marco leva unha placa de metal que di: "Quintas Goyanes. Exmo. Sr. Barrié de la Maza Conde de Fenosa". Asinado e datado no ángulo inferior dereito: "Quintas Goyanes. 1970"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000764
Autoría: Luis Quintas Goyanes
Título: Pedro Barrié de la Maza
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1970
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 90 cm Longo: 72 cm Sen marco Alto: 108 cm Longo: 88,5 cm Ancho: 4,5 cm
Materiais: 
Liño
Localización: Almacenado ou retirado