Posta de sol
Xosé Miguel Tomé
Obra tendente á abstracción na que Tomé se decanta pola pintura cargada de materia. De aí que esta destaque por ter moita textura. Emprega unha técnica mixta na que mestura a pintura acrílica con serraduras e labras de madeira. O tema, unha posta de sol, está suxerido por unha gran mancha circular laranxa. O sol estase a poñer no horizonte sobre o mar e o artista separa esa liña non só mediante a cor senon tamén pola pincelada, máis cargada de materia na parte inferior ca na superior. Asinado a. s. d. "X.M. Tomé"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000256
Título:
Posta de sol
Temas:
Abstracto
Data:
1997
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 123 cm Longo: 123 cm. (sen marco) Alto: 134,3 cm Longo: 134,3 cm Ancho: 3,5 cm (con marco)
Materiais:
Táboa
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría