Ramón Varela Núñez

Lino Cabezas Gelabert

Seguindo o modelo de retrato académico oficial, Lino Cabezas presenta nesta obra a Ramón Varela Núñez, decano da Facultade de Medicina entre 1970 e 1977. Trátase dun retrato de medio corpo, frontal, no que o personaxe -que ocupa gran parte da superficie pictórica- aparece case frontal, situado ante un fondo neutro e co traxe académíco: a toga negra e a muceta amarela, cor distintiva dos estudos de Medicina. Leva tamén a medalla peitoral e outra prendida na muceta. Tecnicamente trátase dunha pintura pouco cargada de materia, executada cunha pincelada rápida, solta, de toque, que lembraría ao estilo impresionista. Xoga coa luz para crear matices cromáticos visibles nas mangas brancas da toga ou na muceta.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000374
Autoría: Lino Cabezas Gelabert
Título: Ramón Varela Núñez
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1969
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 81 cm Longo: 65 cm Alto: 96 cm Longo: 80 cm Ancho: 6 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina