Rebelión

Manuel García Vázquez "Buciños"

Dentro da produción escultórica de Buciños destaca a obra figurativa, na que deixa ver o seu selo persoal caracterizado pola calidade que lle da ao bronce, cunha pátina que lle confire ese aspecto verdoso. Buciños traballa el mesmo o material, fúndeo mediante o modelado en ceras e anula o molde en escaiola, que lle serve para conseguir unha textura peculiar rugosa e con granulados, incorporando ademais o baleiro á súa obra. Está presente tamén o gusto polas formas curvas; Buciños moldea un corpo con suaves ondulacións nas que as roupaxes péganse recordando a técnica grega dos panos mollados. Xoga tamén co contraste entre materiais, o contraste entre a lixeireza do bronce da figura coas cavidades características e a solidez do granito na base sobre a que se apoia o home.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000612
Autoría: Manuel García Vázquez "Buciños"
Título: Rebelión
Temas: 
Figura de
Home
Técnicas: 
Fundición
Dimensións: 
Figura: alto: 62 cm ancho: 30 cm contorna: 62 cm Peaña: alto 6 cm ancho: 23 cm profundidade: 6 cm
Materiais: 
Bronce
Granito