Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de CC Políticas e Sociais (13)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 38
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 93
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
desastresparella
Desastres Iconográficos - Parella oriental
José Antonio Arribas Avilés
1988

Asinado a. i. e.

1988
desastresreiquefoxe
Desastres Iconográficos - Rei que foxe
José Antonio Arribas Avilés
1988

Asinado a. i. e.

1988
desastresromanico
Desastres Iconográficos - Románico
José Antonio Arribas Avilés
1988

Asinado a. i. e.

1988
desastrestemplarios
Desastres Iconográficos - Templarios
José Antonio Arribas Avilés
1988

Asinado a. i. d.

1988
duasmulleres
Dúas mulleres
Rut Massó

Asinado a. i. d. "Rut Massó"

paisaxelodeiro
Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1970

A construción da paisaxe a base de planos de cor e formas xeométricas dilúe as formas recoñecibles en favor dunha total abstracción. Lodeiro camiña cara a abstracción mediante unha orde ríxida de imaxes á vez que mantén a liña da interpretación tradicional dun contido lendario: a paisaxe. Os cadros desta época están traballados con espátula, aplicando reiteradamente capa de cor, cun modo de traballo calculado, metódico, movido pola atracción que Lodeiro tiña pola idea de racionalidade e orde, por confinar estruturas claramente diferenciadas nun exercicio máis intelectual que físico do acto creativo. Utiliza como carga o pedramol para texturizar unha cor que penetra no mecanismo psicolóxico do espectador e que o autor utilizará como sistema universal da comunicación.

1970
paisaxelodeiro
Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro Fernández

Paisaxe de formas xeométricas, construída por bandas de formas suxerentes, que se converte en abstracta. Lodeiro camiña cara a abstracción mediante unha orde ríxida de imaxes á vez que mantén a liña da interpretación tradicional dun contido lendario: a paisaxe é unha paisaxe plana e siluetada, capta a profundidade e o espazo, invitando ao espectador a ver con outros ollos, detectando sensacións a través da luz e da cor, apreciamos unha harmoniosa gama de verdes, morados, azuis e alaranxados. Asinado no ángulo inferior esquerdo.

paisaxelodeiro
Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1971

Construción xeométrica, moi próxima á abstracción. Lodeiro compón esta paisaxe abstracta que estrutura en catro espazos con formas escalonadas e diferentes que conseguen crear a sensación de profundidade. A pintura é plana, traballada como é habitual con gamas cromáticas que neste caso van do laranxa ao morado. Asinado no ángulo inferior dereito.

1971
paisaxelodeiro
Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1971

Paisaxe rixidamente construída a través de bandas secuenciadas con planos de formas xeométricas, os semicírculos concéntricos, no primeiro termo, os prismas cúbicos no segundo, recortadas as súas siluetas contra a última franxa, caracterizada pola gradación cromática laranxa. Lodeiro camiña cara a abstracción mediante unha orde ríxida de imaxes á vez que mantén a liña da interpretación tradicional dun contido lendario: a paisaxe. Destaca unha gama de morados, azuis e alaranxados. Asinado no ángulo inferior dereito.

1971
parella
Parella
Víctor Casas Julián

Estamos diante dunha obra figurativa de Víctor Casas, na que representa a unha parella na que sitúa ao home de costas ao espectador e a muller enfrente del. É salientable a técnica que emprega; trátase dunha obra na que as figuras, de perfil ondulante, apenas están insinuadas, difuminándose contra un fondo neutro. Xoga tamén coas gradacións cromáticas, neste caso a base de terras, nos que emprega o difuminado. Asinado a. i. d. "Casas"

rebelionbucinos
Rebelión
Manuel García Vázquez "Buciños"

Dentro da produción escultórica de Buciños destaca a obra figurativa, na que deixa ver o seu selo persoal caracterizado pola calidade que lle da ao bronce, cunha pátina que lle confire ese aspecto verdoso. Buciños traballa el mesmo o material, fúndeo mediante o modelado en ceras e anula o molde en escaiola, que lle serve para conseguir unha textura peculiar rugosa e con granulados, incorporando ademais o baleiro á súa obra. Está presente tamén o gusto polas formas curvas; Buciños moldea un corpo con suaves ondulacións nas que as roupaxes péganse recordando a técnica grega dos panos mollados. Xoga tamén co contraste entre materiais, o contraste entre a lixeireza do bronce da figura coas cavidades características e a solidez do granito na base sobre a que se apoia o home.

sinfonia
Sinfonía
Xosé Díaz Fuentes

A obra de Díaz Fuentes caracterízase polo seu interese na morfoloxía vexetal, as tendencias abstractas e a preocupación pola materia. Neste caso atopámonos cunha obra en madeira, composta por dúas pezas, unha que funciona a modo de basamento e outra de carácter vertical que se ergue sobre a primeira; escultura que parece vibrar, de formas redondeadas e sinuosas nacidas da observación e estudo da natureza. Este carácter orgánico vincúlase -segundo recoñece o propio autor- co ambiente galego da súa mocidade.

Castelao
Vítor de Castelao
Xurxo Martiño
2000

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, seguindo a estela da conmemoración do V Centenario, no ano 2000 encomendoulle a Xurxo Martiño, autor dos últimos vítores realizados, un de grandes dimensións dedicado ao licenciado en Medicina, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950). O pintor parte, neste caso, dunha coñecida fotografía do personaxe, tratándoa como se fose un cartel, co seu nome a un lado, visto tras unha mesa sobre a que poden verse diferentes útiles. Na epígrafe correspondente recóllese, tamén, un fragmento de Sempre en Galiza.

2000
389
397
398
399
400
401
402
403