Sen título

Xosé Miguel Tomé

Cunha linguaxe moi próxima á abstracción, Tomé presenta nesta composición as siluetas de tres figuras no primeiro termo. Estamos diante de figuras esquematizadas, das que non se distinguen os rostros; parecen como mutiladas, o que contribúe a crear a sensación de inquedanza e angustia. Son volumes rotundos, perfilados cun trazo negro que contrasta coas notas de cor ocre e vermellos das figuras. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000677
Autoría: Xosé Miguel Tomé
Título: Sen título
Temas: 
Figuras
Data: 1982
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 200 cm Longo: 200 cm
Materiais: 
Lenzo