Vítor de Florencio Rodriguez Vaamonde

Autoría descoñecida

Vítor conmemorativo de carácter heráldico e alegórico. Enmarcado nun cortinado de efecto teatral aparecen a figura dun anxo que sostén unha cadea que suxeita unha balanza, símbolo de xustiza, atravesada por un cetro ou bastón de mando e dunha espada. Na parte dereita e coroado por un helmo, aparece o escudo dos Vaamonde: sobre un campo de azur inscríbese un M de ouro cunha coroa, ten unha bordura de goles con sete peixes de prata. Na parte inferior da táboa aparece a seguinte inscrición: "AL EXMO. Sr. D. FLORENCIO RODRIGUEZ VAAMONDE, LICENCIADO EN LEYES POR ESTA UNIVERSIDAD, RECTOR DE LA DE MADRID, MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA EN EL AÑO DE 1847. CONSEJERO DE ESTADO Y PRESIDENTE DE LA SECCION DE HACIENDA DEL MISMO, SENADOR DEL REINO, MINISTRO DE LA GOBERNACION EN EL AÑO DE 1863. &. &."

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000457
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Vítor de Florencio Rodriguez Vaamonde
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Témpera
Dimensións: 
Alto: 144 cm Ancho: 104 cm
Materiais: 
Madeira
Localización: Facultade de Dereito