Vítor de Telmo Maceira

Autoría descoñecida

Seguindo o esquema de vítor heráldico, fanse referencia aos méritos do homenaxeado por medio dunha serie de elementos. Centran a composición dous escudos: á esquerda o persoal e á dereita o da USC; ambos están unidos por unha banda de cinta branca e dourada da que colga unha cruz: trátase da Orde de Isabel a Católica coa que foi recoñecido Telmo Maceira. Na parte superior dos escudos, o tetragramaton, símbolo da Trinidade, composto polo triángulo que se apoia nunha basa, e a pomba. Complétase o vítor co capelo de cardeal verde do que saen os cordóns de seis borlas que fan referencia ao carácter de bispo do personaxe. Por último, aparecen unha serie de motivos decorativos: rosetas nas esquinas e dúas follas que saen da cruz de Isabel a Católica. Na parte inferior pódese ler: "AL EXMO É YLMO. Sr. Dr. Dn. TELMO MACEIRA, DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD. DEAN DE LA SANTA YGLESIA DE TUY, CABALLERO DE LA REAL Y DISTINGUIDA ORDEN DE CARLOS 3º. GRAN CRUZ DE LA DE YSABEL LA CATOLICA PREDICADOR DE S. M. OBISPO DE MONDOÑEDO EN EL AÑO DE 1852. Y DE TUY EN EL DE 1856. SENADOR DEL REINO. &. &."

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000445
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Vítor de Telmo Maceira
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Témpera
Dimensións: 
Alto: 136 cm Ancho: 97,5 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Dereito