San Xosé
Autoría desconocida
Escultura que responde ao modelo de Gregorio Fernández, que ten un fecundo desenvolvemento en Galicia entre Mateo Prado e Miguel Romay. O santo calza botas e viste túnica, aberta ata a metade do peito, e manto volandeiro despregado cara a dereita. Portaba a vara florida dos seus esponsais, de acordo cos relatos dos evanxeos apócrifos; agora fáltalle. Tamén lle falta o neno acompañante, de pé ao seu lado, cara quen se inclinaba o patriarca acolléndoo. O neno foi roubado e desintegrouse así o esquema compositivo do grupo, en perfecta e suxestiva diagonal barroca. Subsiste a magnífica policromía, estofada en ouros, vermellos e azuís, con tal suavidade de tons e matices, que fan da obra unha auténtica sinfonía cromática.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000004
Título:
San Xosé
Temas:
Relixioso
San Xosé
Data:
1701
Técnicas:
Dourado
Policromado
Talla
Materiais:
Madeira
Localización:
Igrexa da Universidade ou da Compañía