Pandeireteira

Carlos Bóveda

Na produción pictórica de Bóveda é habitual a temática de xénero costumista, vinculado a escenas típicas do rural galego e romarías populares. Neste caso, o autor preséntanos a figura dunha muller, unha pandeireteira nunha paisaxe rural. A pincelada empastada aplicada de xeito rápido, a importancia do debuxo na delimitación do perfil das figuras redondeadas e as cores terrosas e verdosas son constantes que se repiten nas súas obras, aquí presentes. Asinado e datado a. i. e.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000857
Autoría: Carlos Bóveda
Título: Pandeireteira
Temas: 
Costumista
Data: 1986
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
NON ESTÁ MEDIDO
Materiais: 
Lenzo