Vítor de Juan Vázquez Mella

Juan Luis López García
José Manuel García Iglesias

Juan Vázquez de Mella naceu en Cangas de Onís e estudou Dereito en Santiago (1861-1928). Neste caso, o vítor en cuestión utiliza un escudo vinculado ao personaxe. Disponse na parte alta, formando parte dunha arquitectura baixo a que se coloca o seu retrato. Xa na parte baixa hai dúas figuras femininas de carácter alegórico; recoñécense como a Elocuencia e a Patria. Complétase a composición cunha epígrafe. Juan Luis pinta esta obra en 1941.

Dirixiu o “Diario de Galicia” ata a súa marcha, en 1893, a Madrid. Foi deputado, obtendo a súa primeira acta en 1893 (A. Couceiro Freijomil, 1953, pp. 472). Tamén foi fundador do Partido Tradicionalista; consideróuselle un precursor ideolóxico do chamado Movemento Nacional (vid. M. Fernández “ Peñaflor”, 1932, pp. XXIX- LV; R. García y García de Castro, 1940; A. Iturmendi Bañales, 1953, pp. VII- XV; R. Gambra, 1953; L. Aguirre Prado, 1959 ; A.Taboada Roca, 1963, pp. 235-243; J. Egozcue Alonso, 2013 EGOZCUE). Recolléronse as súas obras completas, coas que se identifica plenamente o réxime franquista. Iníciase a súa edición en 1932 e conclúese en 1947; este proxecto acométeo a denominada Xunta da Homenaxe a Mella (entre outros títulos: J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1932a; J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1932 b). Parece ser que unha parte do seu quefacer escrito perdeuse (A. Couceiro Freijomil, 1953, pp. 472-474 ). Ao celebrarse o centenario do seu nacemento, en 1961, insístese na importancia de tal personaxe (vid. P. Pedret Casado, 1961, p. 223; J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1963).

O vítor en cuestión volve á utilización dun escudo -neste caso, pequeno- , a vincular ao personaxe, na parte alta, formando parte dunha arquitectura que emula as formas dunha construción voada, a modo de dosel, que distingue a quen é así honrado. O retrato disponse baixo a citada arquitectura, no centro dunha florida coroa de loureiro, nun encadre que nos mostra, tamén na parte superior a cada lado, un motivo xacobeo: unha vieira sobre unha cruz de Santiago.

Xa na parte baixa, dúas figuras femininas de carácter alegórico son recoñecidas como a Elocuencia e a Patria (J. Cerviño Lago, 1994, p. 42). Teñen unha función de tenantes dispoñéndose aos lados dunha gran cartela -como se fose unha marmórea lápida- na que pode lerse: DON JUAN VAZQUEZ D MELLA/ Y FANJUL, NACIÓ EN CANGAS D/ ONÍS EL 8 D JUNIO D 1861. ESTU-/ DIÓ Y SE LICENCIÓ EN DERECHO/ EN LA UNIVERSIDAD COMPOSTE-/ LANA, DIPUTADO A CORTES DES-/ DE 1893 A 1900. Y DESDE 1905 A 1919/ ORADOR D LA RAZA. RENOVÓ/ LA TRADICIÓN ESPAÑOLA DO-/ TÁNDOLA D PENSAMIENTO FI-/ LOSÓFICO: EN ALAS DE SU VERBO/ SE ELEVARON A DOGMA LOS/ IDEALES NACIONALES. MURIÓ/ EM EL SEÑOR EL 26 D FEBRERO/ D 1928.

Unha desas dúas figuras femininas porta nunha man, como un atributo, un caduceo; é a que se corresponde coa Elocuencia. A outra, alusiva á Patria, distínguese por asentarse sobre a bóla do mundo na que pode verse o contorno do continente americano, aludíndose, deste xeito, á proxección de España por América. Nesa imaxe da esfera terrestre figura, tamén, o nome de Juan Luís, quen pinta esta obra en 1941 (J. Cerviño Lago, 1994, p. 42 ). É esta unha etapa súa de plenitude que se percibe a partir de 1940 (vid. J. M. López Vázquez, 1983, p. 88). Nesa conxunción da Patria e América aséntase, por outra banda, esa idea da raza e dun país que aluma un imperio en ultramar; deste xeito “os ideais nacionais” son aludidos a través deste conxunto, de carácter simbólico. Realízase este vítor, pois, nun momento no que se estaba rematando a edición das obras completas dun personaxe no que, como se dixo, o réxime franquista ve, polo demais, un paradigma da ideoloxía que procura preconizar. No fundamental –concretamente, o tipo de retrato e as figuras alegóricas- tamén pode aludirse a unha certa relación coa decoración do Paraninfo, que tanta pegada deixa non só no tempo inmediatamente seguinte á súa concreción, senón tamén en momentos posteriores (vid. J. M. García Iglesias, 2016, pp. 318-320).

Xa desde os primeiros tempos da posta en marcha do colexio de Fonseca debeuse de honrar a personaxes de relevo que tiveron relación con el mediante un vítor; aínda se conservan na fachada principal, cara ao lado sur, restos dun antigo do que pode verse en caracteres de gran formato parte dun nome.

Faise de tal modo mención a alguén concreto ao que se quere recoñecer, xa que esa é a finalidade das aclamacións, seguíndose neste sentido polo modo de pintar os caracteres en vermello, formas semellantes ás utilizadas entre outras institucións pola Universidade de Salamanca, na que este costume vai ter unha fonda e perseverante tradición.

Pero a factura de vítores ía plasmarse a partir do primeiro terzo do século XIX en obras pictóricas nas que se conxugan o recoñecemento a un determinado personaxe a través dunha imaxe, de cariz alegórico, e unha lenda co testemuño dos seus méritos persoais. Consérvanse tres entre os que gardou o Colexio de Santiago Alfeo, ou “Maior de Fonseca”: os de Benito Ramón Hermida, Manuel Pardo Ribadeneira e Jacobo María de Parga y Puga, citados por orde de antigüidade.

L. Aguirre Prado, 1959: L. Aguirre Prado, Vázquez de Mella, 2ª ed. Madrid (Publicaciones españolas), 1959.

J. Cerviño Lago, 1994: J. Cerviño Lago, “El pintor Juan Luis: Su vida”, en CERVIÑO LAGO, J., TRAVIESO MOUGÁN, J., El pintor Juan Luis López, A Coruña (Fundación Pedro Barrié de la Maza), 1994, pp. 25-51.

A. Couceiro Freijomil, 1953: A. Couceiro Freijomil, Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores.Santiago de Compostela (Bibliófilos Gallegos), 1953, t. III.

J. Egozcue Alonso, 2013: J. Egozcue Alonso, Gumersindo Laverde Ruiz, Madrid (Fundación Ignacio Larramendi), 2013.

M. Fernández “Peñaflor”, 1932: M. Fernández Peñaflor. “Apuntes para una biografía.”, en J. Vázquez de Mella y Fanjul, Selección de Elocuencia e Historia, Obras completas del Excelentísimo Señor Don Juan Vázquez de Mella y Fanjul. Volumen I:, Madrid (Junta del Homenaje a Mella), 1932, pp. XXIX-LV.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

R. Gambra, 1953: R. Gambra, Vázquez de Mella, Madrid (Dirección General de Información. Publicaciones españolas) 1953.

R. García y García de Castro, 1940: R. García y García de Castro, Vázquez de Mella: sus ideas, su persona, Granada (Prieto), 1940.

R. García y García de Castro, C. Abánades López, M. de Bofarull y Romañá, 1947: R. García y García de Castro, C. Abánades López, M. de Bofarull y Romañá, Índices sinóptico, temático de prologuistas y anotadores y cronológico (Vázquez de Mella y Fanjul, Juan), Madrid (Junta del Homenaje a Mella), 1947.

A.Iturmendi Bañales, 1953: A. Iturmendi Bañales, “Prólogo”, en GAMBRA, R., Vázquez de Mella, Madrid (Dirección General de Información. Publicaciones españolas), 1953, pp. VII-XV.

J. M. López Vázquez, 1983: J. M. López Vázquez, “Juan Luis, pintor compostelano”, Adaxe, 3 (1987), pp. 83-90.

P. Pedret Casado, 1961: P. Pedret Casado, Laverde y sus contemporáneos en Compostela, Santander, 1961.

A.Taboada Roca, 1963: A.Taboada Roca, Don Juan Vázquez de Mella y Galicia, Cuadernos de Estudios Gallegos, LV (1963), pp. 235-243.

J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1932a: J. Vázquez de Mella y Fanjul, Discursos parlamentarios, Madrid, Junta del Homenaje a Mella, 1931-1932.

J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1932b: J. Vázquez de Mella y Fanjul, Dogmas nacionales, Madrid, Junta del Homenaje a Mella, 1931-1932.

J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1942: J. Vázquez de Mella y Fanjul, El pensamiento de…: selección de los puntos capitales de las doctrinas que propugnó, Madrid, Junta del Homenaje a Mella, 1942.

J. Vázquez de Mella y Fanjul, 1963: J. Vázquez de Mella y Fanjul, Centenario de…: conferencias. Madrid (Sucesores de Rivadeneyra), 1963

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000088
Autoría: Juan Luis López García
Título: Vítor de Juan Vázquez Mella
Temas: 
Conmemorativo
Retrato
Masculino
Data: 1941
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 142 cm Longo: 100 cm Ancho:3 cm
Materiais: 
Lenzo