Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Arqueoloxía
    Biblioteca América
    Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
  • AlfabéticoCronolóxico
Etiqueta Manuel López Garabal (3)
Pedro Pena
Pedro Pena Pérez
Manuel López Garabal
1970

É Manuel López Garabal quen en 1970 retrata a Pedro Pena Pérez (1889-1975), catedrático de Patoloxía Xeral en Santiago a partir de 1928 e decano entre os anos 1948-1952. Cambia agora o concepto do retrato decanal xa que é presentado sentado, mostrando as súas mans en tres cuartos e orientando o rostro cara ao espectador. A imaxe gaña en naturalidade pola pose e pola indumentaria: un simple traxe. Óptase por un fondo neutro.

1970
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
Manuel López Garabal
1970

Na Facultade de Filosofía e Letras, alá polo ano 1970, encoméndaselle ao pintor compostelán Manuel López Garabal un cadro dedicado a Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885), quen non só despuntou polo mero feito de ser a muller que en pleno século XIX se revelou na súa faceta de poeta renovadora do xénero na lingua española, suceso por si meritorio, senón por lograr que a lingua galega fose recoñecida de maneira universal, no denominado Rexurdimento Galego.

1970
Manuel Colmeiro (vítor)
Vítor de Manuel Colmeiro y Penido
Manuel López Garabal
1950

Manuel Colmeiro y Penido naceu en Santiago (1818-1894). En 1847 obtén dúas cátedras: a de Economía Política en Santiago e a de Dereito Administrativo en Madrid. O vítor que lle corresponde prescinde da imaxe do personaxe, a quen se alude a través dunha longa epígrafe, incluída nunha forma que se aproxima á dun gran escudo. Nel apóiase unha Minerva con atributos da Xustiza. Trátase neste caso dunha obra pintada por Manuel López Garabal, datada en 1950.

1950