Manuel Jesús García Garrido

María Carrera
José Manuel García Iglesias

Retrato de tres cuartos de Manuel Jesús García Garrido; este aparece representado de pé, sobre un fondo neutro. A figura viste a característica toga negra, coas bocamangas brancas bordadas; baixo a toga vese a camisa e paxariña branca. Represéntase coa cruz reitoral que pende sobre un cordón. O reitor aparece lixeiramente xirado e apoia a súa man dereita sobre unha cadeira tapizada en verde que, disposta diagonalmente, contribúe a crear a sensación de espazo. A autora centra a atención no rostro do retratado, iluminándoo cun foco de luz; en relación coa técnica, traballa máis coas cualidades pictóricas restándolle importancia ao debuxo, e difuminando o perfil da figura contra o fondo. Asinado a. i. d.: "M. Carrera"

Manuel Jesús García Garrido naceu en 1928. Foi reitor entre 1968 e 1972. Formouse na Universidad de Sevilla e doutórase na Central no ano 1954. Foi profesor adxunto de Dereito Romano en Santiago desde 1957. Permaneceu en Roma, na delegación do CSIC entre 1958 e 1963. En 1962 foi nomeado catedrático na Universidad de La Laguna trasladándose á de Santiago en 1963. En 1973 será o primeiro reitor da UNED. Morreu no año 2021 (X. R. Barreiro Fernández, 2003, II, p. 99-100; R. Gurriarán, 2010, p. 436-438; J. M. Torres Parra, 2021).

O retrato faino María Carrera, dispoñéndoo en pé, coa indumentaria propia do cargo. Alude á súa procedencia do mundo do Dereito pola cor vermella do puño. Preséntase sobre un fondo neutro (J. M. García Iglesias, 2016, p. 208).

Viste la característica toga negra, con las bocamangas brancas bordadas; baixo a cal se ve a camisa e a paxariña branca. Represéntase coa cruz reitoral que pende sobre un cordón. O reitor aparece lixeiramente xirado e apoia a súa man dereita sobre unha cadeira tapizada en verde que, disposta diagonalmente, contribúe a crear a sensación de espazo. A autora centra a atención no rostro do retratado, iluminándoo cun foco de luz; en relación coa técnica, traballa máis coas calidades pictóricas restándolle importancia ao debuxo, e esvaendo o perfil da figura contra o fondo. Asinado A. I. D.: M. Carrera.

X. R. Barreiro Fernández, 2003: X. R. Barreiro Fernández (coord.), Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003), Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia y Real Academia Galega, 2ª ed., 2 vols., 2003.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, 2016, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora y Consorcio de Santiago, 2016.

R. Gurriarán, 2010: R. Gurriarán, Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudiantes en Compostela, 1939-1968, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2010.

M. J. Torres Parra, 2021: M. J. Torres Parra, “García Garrido, Manuel Jesús”, Diccionario de Catedráticos españoles de Derecho (1847-1984), https://humanidadesdigitales.uc3m.es/s/catedraticos/item/46246, 2021.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000199
Autoría: María Carrera
Título: Manuel Jesús García Garrido
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1968
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 116 cm Longo: 89,5 cm Alto: 142 cm Longo: 111,5 cm Ancho: 6 cm
Materiais: 
Lenzo