Pulpeira
Alfonso Sucasas Guerra
A temática propiamente galega é unha das constantes ao longo da traxectoria de Sucasas; xentes e escenas de xénero tradicionais que neste caso é unha escena que transcorre nunha feira: un posto de polbo no que aparece unha parella e ao fondo un neno. Personaxes perfectamente individualizados de expresivos rostros nos que se ve un eco da influencia do cubismo polo carácter xeométrico cos que o compón que contrasta coa rotundidade dos corpos de liñas redondeadas. Gran coñecedor da técnica do debuxo, Sucasas utiliza os recursos que lle ofrece e así consegue crear zonas máis escuras e outras máis difuminadas. Comprado á galería Citania en 1981. Asinado no a.i.e.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000744
Título:
Pulpeira
Temas:
Costumista
Data:
1969
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 30 cm Longo: 22 cm Alto: 47 cm Longo: 39,5 cm Ancho: 2,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Balconada