Vítor de Miguel Gil Casares
Gil Casares nace en Santiago (1871-1931) e licéncianse en Medicina en 1893. En 1897 é catedrático de doenzas da infancia e catro anos despois accede á cátedra de Patoloxía e Clínica Médica. Se a comparamos coa que realizara en honor a Carracido no colexio de Fonseca, hai unha certa similitude no xeito en que compón Asorey este vítor a xeito de lápida, nun principio disposto no Hospital Real e actualmente situado na Facultade de Medicina. Neste caso, porén, móstrase en pé e en actitude de falar. Viste o traxe académico e acompáñase dunha epígrafe na que se fai un “fervoroso homenaxe ás súas virtudes”.
Destacou en Compostela, tanto na Facultade de Medicina coma no Hospital Real (Vid. M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, 1993, pp. 139-142; M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, 2012; A. Franco Grande, 2014, pp. 1191-1205). Foi senador do Reino en 1921 e 1923. Foi nomeado fillo predilecto de Santiago en 1923 (Vid. A. Vilanova Rodríguez, 1974, pp. 37-38; X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez, 1993, pp. 139-142; R. Gurriarán, 2006, pp. 144-145).
A correspondente epígrafe di así: A LA MEMORIA DEL ESCLARECIDO MAESTRO/ EXCMO S. D. MIGUEL GIL CASARES PERDURARÁ/ SIEMPRE EN ESTA CASA EN DONDE AGOTÓ SU / EXISTENCIA CONSAGRADO A LA ENSEÑANZA A LA/ INVESTIGACIÓN Y A LA CARIDAD/ SUS COMPAÑEROS DISCIPULOS Y ADMIRADORES/ RINDEN ESTE FERVOROSO HOMENAJE A SUS VIRTUDES.
Antes de colocarse na Facultade dispúxose “na entrada do Hospital Clínico” (R. Otero Túñez, 1970, p. 294. Vid. J. M. García Iglesias, 2016, p. 341).
Xa desde os primeiros tempos da posta en marcha do colexio de Fonseca debeuse de honrar a personaxes de relevo que tiveron relación con el mediante un vítor; aínda se conservan na fachada principal, cara ao lado sur, restos dun antigo do que pode verse en caracteres de gran formato parte dun nome.
Faise de tal modo mención a alguén concreto ao que se quere recoñecer, xa que esa é a finalidade das aclamacións, seguíndose neste sentido polo modo de pintar os caracteres en vermello, formas semellantes ás utilizadas entre outras institucións pola Universidade de Salamanca, na que este costume vai ter unha fonda e perseverante tradición.
Pero a factura de vítores ía plasmarse a partir do primeiro terzo do século XIX en obras pictóricas nas que se conxugan o recoñecemento a un determinado personaxe a través dunha imaxe, de cariz alegórico, e unha lenda co testemuño dos seus méritos persoais. Consérvanse tres entre os que gardou o Colexio de Santiago Alfeo, ou “Maior de Fonseca”: os de Benito Ramón Hermida, Manuel Pardo Ribadeneira e Jacobo María de Parga y Puga, citados por orde de antigüidade.
X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Dominguez, 1993: X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Dominguez (coord.), Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galícia. Autores, 1868-1936, Sada- A Coruña (Ediciós do Castro), 1993, pp. 139-142.
Franco Grande, 2014: A. Franco Grande, La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela (Andavira Editora) pp. 1191-1205.
M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, 1993: M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, “Gil Casares, Miguel”, en X. A. Fraga Vázquez, A. Mato Dominguez, .(coord.), Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galícia. Autores, 1868-1936, Sada- A Coruña (Ediciós do Castro), 1993, pp. 139-142.
M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, 2012: M. Fuster Siebert, R. Sisto Edreira, “Miguel Gil Casares”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega, en http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=370 [lectura: 23/11/2017]
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, p. 341.
R. Gurriarán, 2006: R. Gurriarán, Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
R. Otero Túñez, 1970: R. Otero Túñez, “Los últimos vítores de la Universidad Compostelana”, Cuadernos de estudios gallegos, XXV, 77 (1970), pp. 290-298.
A. Vilanova Rodríguez, 1974: A Vilanova Rodríguez, “Gil Casares, Miguel”, Gran Enciclopedia Gallega, 1974. t. XVI, pp. 37-38.